Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Orientación

6ª PARTE DO TALLER DE ESTIMULACIÓN ORAL PARA INFANTIL.

Aquí deixo a 6ª parte do taller de estimulación oral para o alumnado de infantil.

COÑECENDO AS EMOCIÓNS: O MEDO.

Esta semana seguimos traballando as emocións, neste caso O MEDO:

3ª PARTE DO TALLER DE ESTIMULACIÓN ORAL.

Incorpórase a 3º parte do taller de estimulación oral para que, na medida do posible, podades levalo á práctica.

Clic enriba para visualizarlo.

ORIENTACIÓN ÁS FAMILIAS: A RELACIÓN EMOCIONAL.

Hoxe engadimos unhas pautas xenéricas que vos poden axudar na xestión das emocións dos vosos pequenos e pequenas, nestes momentos.

Premer na imaxe para desplegar o documento.

Tamén agregamos o 2º vídeo sobre as emocións, que neste caso trata a tristeza:

ORIENTACIÓNS DE LECTOESCRITURA NA ETAPA DE INFANTIL

Estimadas familias, sabemos da vosa preocupación pola lectoescritura na etapa de Educación Infantil, proceso complexo que non se da nas crianzas ao mesmo tempo. Para axudar nesta tarefa, parécenos moi importante seguir uns pasos previos. No cartel que se adxunta, feito polo Equipo de Orientación Específico Especializado en Dificultades da Aprendizaxe de Granada, explícase a importancia de non empezar a casa polo tellado, de que a evidencia científica demostra que é moi importante traballar os prerrequisitos básicos da lectoescritura para unha correcta adquisición da mesma e non centrarse unicamente nas letras.
Neste sentido, o Departamento de Orientación ponse á vosa disposición igual que á do profesorado para asesorar e dar solución a todas aquelas dúbidas que se plantexen.

 

Engádese tamén, a 2ª parte do taller de estimulación da linguaxe!

CLIC ENRIBA DA IMAXE PARA VISUALIZAR

DÍA MUNDIAL DA VOZ

O noso Equipo de Orientación e en especial a especialista de Audición e Linguaxe, recórdanos que o día 16 de abril se celebrou o Día Mundial da Voz, co obxectivo de crear conciencia sobre a importancia do seu coidado. Aquí tedes unhas pautas e recomendacións.

Adxúntase tamén un taller de estimulación da linguaxe que podemos levar a cabo dende as nosas casas e que se visualiza cun clic na imaxe.

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación proponnos as seguintes tarefas, onde o alumnado poderá ir escribindo a palabra e/ou a frase importante de cada día:

Clic enriba da imaxe para visualizar

MATERIAL DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN

Dende o Equipo de Orientación engadimos:
•    "A Barca en corentena" para os que queiran traballar expresión escrita.
•    "Actividades en corentena" que son unha serie de ideas para facer en casa.

Clic enriba dos títulos subliñados

Horario do Departamento de Orientación

O horario do Departamento de Orientación será os Mércores, de 09:30 a 14.30. Estará a disposición dos pais e nais sempre con previa cita. A orientadora do Centro é Ana María Martínez Castro.

Distribuir contido


by Dr. Radut