Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Unha mostra do que facemos nas nosas aulas.

E aquí deixamos unha mostra das actividades que levamos a cabo nas nosas aulas, saídas, charlas informativas e momentos de lecer.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Inicio de curso

Preparativos e traballos para a festa de fin de curso.

A clase de primaria quixo organizar a festa de fin de curso, así que aproveitamos para traballar algunhas cousiñas.

  1. Para realizar o texto das invitacións, organizados en equipos fixeron unha análise dos distintos tipos de invitacións, das tipografías, das ilustracións e das partes.
  2. Despois elaboraron o borrador do texto tendo en conta que daban todos os datos necesarios. A continuación fixeron o deseño e posteriormete pasárono a limpo.
  3. Chegou á hora de elexir cal era a invitación que se iba a imprimir para mandar ás familias, así que os pequenos e pequenas de infantil (que non sabían quen fixera cada invitación) votaron.
  4. Realizaron a lista da compra para ir ao súper mercar. A partir dunha lista onde cada clase incluiu o que querían para festa elaboraron a definitva. Ademais fixeron a estimación de cantas persoas virian á festa e cales eran as cantidades que necesitaban de cada producto (algún quedou algo curto, pero con tempo suficiente para comprar máis).
  5. Tamén estivemos traballando cos cartos e cando estiveron preparados baixaron a facer a compra, coma sempre eles elixen a ruta que imos seguir. Cada un tiña unha tarefa asignada no supermercado. Tras a volta a escola, os encargados fixeron a comprobación de que lle deran ben a volta

Xa está todo preprarado para volver a recibir as familas despois de tantas restricións!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Traballo para festa final

Escenografía sobre lestoescritura en infantil.

Dende unha escenografia que evolucionou durante semanas, traballamos a lectoescritura en infantil.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Taller de lectoescritura

Visita de Lolo Andrade.

Grazas a Lolo Andrade  tivemos a sorte de poder aprender un pouco máis sobre as velutinas, as abellas e outros insectos da contorna. Ademais foi un luxo poder observar e tocar a algúns deles e poder probar o traxe de protección.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Visita Lolo Andrade

Sesión por estacións.

Na clase de música, sesión por estacións.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Clase de música
Distribuir contido


by Dr. Radut