Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación proponnos as seguintes tarefas, onde o alumnado poderá ir escribindo a palabra e/ou a frase importante de cada día:

Clic enriba da imaxe para visualizar

CONSULTA DOS BOLETÍNS DA 2ª AVALIACIÓN COA APLICACIÓN ABALAR MOBIL

 

Para poder acceder ás notas dos vosos fillos e fillas, que dende a mañá do xoves día 2 de abril estarán colgadas, debedes descargar nos vosos teléfonos móbiles a aplicación abalarMóbil. Deixo un vídeo explicativo do proceso de descarga e rexistro.

 

Aulas Galegas

O proxecto Aulas Galegas, feito por maestros/as, proporciona unha serie de recursos de todo tipo para que poidades traballar cos nenos/as na casa. Só tedes que seleccionar o nivel de idade e escoller o que vos interese.

Preme na seguinte imaxe:

RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA DA EDITORIAL SM

Engado recusos para infantil, da editorial SM, para o que lle interese:
 
1. Web:  Yo aprendo en casa: https://www.gruposm.com/es/yoaprendoencasa 
2. Cuentos animados (tanto en castelán como en inglés)
3. Lectoescritura
4. Coloreables do Pollo Pepe  y sus amigos
5. Recortables de Lulú
6. APP educativas
       - Creappcuentos
       - Castoria

Ademais das anteriores, para primaria:

7. Lectura: Os que leen sos poden disfrutar da revista ¡Al abordaje!, con pasatempos, reportaxes, xogos e un concurso para ilustrar cubertas de libro

8. Manualidades: Na web oficial de LosFutbolisimos.com os lectores e lectoras atoparán artígos con manualidades moi entretidas para facer na casa: construír un futbolín caseiro ou facer un campo de fútbol con chapas, entre otras divertidas propostas. Además, tanto en Netflix como en Movistar xa está dispoñible a película Los Futbolísimos, baseada na primeira novela da colección.

 

MATERIAL DO EQUIPO DE ORIENTACIÓN

Dende o Equipo de Orientación engadimos:
•    "A Barca en corentena" para os que queiran traballar expresión escrita.
•    "Actividades en corentena" que son unha serie de ideas para facer en casa.

Clic enriba dos títulos subliñados

Distribuir contido


by Dr. Radut