Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Hoxe saíu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, polo que se abre o prazo para presentar as solicitudes desde mañá mércores 20 de maio ata o venres 19 de xuño de 2020.

Poderán beneficiarse desta axuda as familias  das nenos que no vindeiro  curso  estean en primaria e cumpran a condición de ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na páxina web https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén poderán presentala no colexio solicitando cita previa no teléfono do centro (881880794). Neste caso deberán aportar:
-Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2018 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.
-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
-Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007 do 27 de xullo).

Os que desexen cubrir os anexos para presentantalos de forma presencial poden descargalos AQUÍ

As axudas correspondentes ao alumnado de 2º de primaria faranse igualmente,  presentándoas ben no CEIP Os Muíños (solicitando cita  vía telefónica) ou por vía electrónica.

Cando a presentación se faga no centro, acudirá unha soa persoa sen acompañantes. Lémbrase que debemos cumprir unhas normas de seguridade, polo que deberán vir con mascarilla e guantes. Xa na entrada completarán o proceso de hixiene de mans co desinfectante que alí se atopa e en todo momento deberá gardarse a distancia de seguridade.

 Clicando as partes de texto azul subliñadas accédese ao documento ou páxinas en cuestión.

 



page | by Dr. Radut