Esquema de temas
Retos
Material necesario: unha folla de papel e tres tapóns de botellas.
O reto consiste en colocar os tres tapóns dentro da folla lanzando dende un metro de distancia.
Material necesario: catro libros, estoxos ou outros obxectos.
Neste reto debedes facer, polo menos cinco abdominais de cada exercicio, son tres exercicios. ¿Cantas abdominais podes eres capaz de facer.
Para realizar este reto soamente precisas unha caixa de cartón e catro tapóns, ánimo!!
Este reto é o número 1 do vídeo que vos presento. Para facelo soamente precisades tres tapóns e dos lápices ou rotuladores, ou algo semellante, a practicar.
As árbores da nosa contorna
Esta actividade consiste en identificar as follas das árbores da nosa contorna.
Son as que vimos na ruta de sendeirismo que fixemos polo Pasatempo.
Agora, ¿poderedes identificar cada folla co seu nome?
SALGUEIRO – FIGUEIRA – CARBALLO – BIDUEIRO – CASTIÑEIRO – MAGNOLIO – AMENEIRO –
LIMOEIRO – NOGUEIRA – PLÁTANO.
Xogamos a saltar
O xogo da goma consiste en realizar unha serie de saltos rítmicos sobre unha cinta unida polos extremos.
Dous nenos ou nenas póñense nos laterais coas pernas abertas de maneira que quede un espacio no medio para saltar. Entón, un ou varios neno ou nenas teñen que realizar uns saltos acompañados do ritmo de cancións, neste caso “Chicle americano”.
O que perde pasa a poñerse na goma.
Según se vaia pasando se pode subir a goma, primeiro nos nocellos, xeonllos, media perna, cadeira…
Saltar á corda é un exercicio moi completo, e ten moitos beneficios, entre os que están a mellora da coordinación e a boa saúde cardiovascular, é dicir, é moi bo para o noso corazón e para o corpo en xeral. Así pois é un dos exercicios máis completos que existen ¿sabías que saltar 10 minutos á corda equivalen a 30 minutos de carreira?
Roteiro polo río Mandeo e clube de piragüísmo
Neste segundo roteiro coñecemos as partes dunha embarcación, así como visitamos o entorno do río Mandeo.
Tema 5
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10