• CURSO 2020-201 (EDLG)

     

    • Este tema

      LETRAS GALEGAS

      Este curso, grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos,  tivemos a gran sorte de poder coñecer a homenaxeada no día das Letras Galegas da man de Raquel Queizás. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre Xela Arias. Grazas Raquel!


      Ademais, Raquel, que é un encanto, achéganos este magnífico vídeo, que é unha obra de arte, para que poidamos afondar e coñecer un pouco máis a figura de Xela Arias. Agardamos que vos guste moito, xa que o fixeron con moito agarimo.

      Agora que xa coñecemos un pouco máis a Xela Arias, propoñémosvos realizar as seguintes actividades:

      EU CHÁMOME XELA, E TI?

      Xa sabes que Xela tivo que loitar moito para poder cambiar o seu nome ao galego. Convidámoste a que investigues como é o teu nome en galego, o escribas dun xeito fermoso e o pegues no mural do colexio. 

      PALABRAS FERMOSAS

      A Xela encantábanlle as palabras do noso idioma. Incluso inventaba algunha moi divertida. Ela amaba o noso idioma e estamos suguros e seguras de que ti tamén. Propoñede na vosa aula as palabras que máis vos gustan do noso idioma, e despois elixide a máis fermosa de todas.

      CONCURSO CARTACES

      Un ano máis decidimos participar no concurso de cartaces que organiza o Concello de Betanzos. No concurso participan tres centros educativos e conseguimos o segundo premio con este fantástico debuxo. Noraboa!

      Así mesmo, queremos compartir aquí outras mostras que nos fixo chegar o noso alumnado. Sodes uns/unhas artistas.

      BUSCA DO TESOURO

      Grazas á colaboración do Concello de Betanzos e da asociación Xandobela, poidemos gozar dunha xincana sobre Xela Arias coa que descubrimos un montón de cousas interesantísimas.

      Aquí recolleremos unha escolma de varios recursos web que están á vosa disposición para coñecer e traballar a figura de Xela Arias.


    O VALES FALA: VENRES DE HISTORIASSEMANA DO LIBRO