Esquema de temas

  • CURSO 2020-201 (EDLG)

     

    • BIBLOFEIRAS

      BIBLIOFEIRA 16 DE XUÑO:RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

      BIBLOFEIRA 1 DE XUÑO: O MEDIOAMBIETE

       

      BIBLOFEIRA 16 DE MAIO: LETRAS GALEGAS

      BA

      BIBLIOFEIRA 1 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS

      BIBLOFEIRA 16 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

      BIBLOFEIRA 1 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

      BIBLOFEIRA 16 MARZO: DÍA DA POESÍA

      BIBLOFEIRA 1 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

      BIBLOFEIRA 16 XANEIRO: LECTURAS POLA PAZ

      BIBLOFEIRA 16 DECEMBRO: O NADAL

      BIBLOFEIRA 1 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    • O VALES FALA: VENRES DE HISTORIAS

      BERENGUELA

      INFANTIL

      COELLO PETO

      A VACA QUE PUXO UN OVO

      CONTACONTOS DA MAN DE CHARO PITA

      CORRE, CORRE, CABACIÑA

    • LETRAS GALEGAS

      Este curso, grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos,  tivemos a gran sorte de poder coñecer a homenaxeada no día das Letras Galegas da man de Raquel Queizás. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas sobre Xela Arias. Grazas Raquel!


      Ademais, Raquel, que é un encanto, achéganos este magnífico vídeo, que é unha obra de arte, para que poidamos afondar e coñecer un pouco máis a figura de Xela Arias. Agardamos que vos guste moito, xa que o fixeron con moito agarimo.

      Agora que xa coñecemos un pouco máis a Xela Arias, propoñémosvos realizar as seguintes actividades:

      EU CHÁMOME XELA, E TI?

      Xa sabes que Xela tivo que loitar moito para poder cambiar o seu nome ao galego. Convidámoste a que investigues como é o teu nome en galego, o escribas dun xeito fermoso e o pegues no mural do colexio. 

      PALABRAS FERMOSAS

      A Xela encantábanlle as palabras do noso idioma. Incluso inventaba algunha moi divertida. Ela amaba o noso idioma e estamos suguros e seguras de que ti tamén. Propoñede na vosa aula as palabras que máis vos gustan do noso idioma, e despois elixide a máis fermosa de todas.

      CONCURSO CARTACES

      Un ano máis decidimos participar no concurso de cartaces que organiza o Concello de Betanzos. No concurso participan tres centros educativos e conseguimos o segundo premio con este fantástico debuxo. Noraboa!

      Así mesmo, queremos compartir aquí outras mostras que nos fixo chegar o noso alumnado. Sodes uns/unhas artistas.

      BUSCA DO TESOURO

      Grazas á colaboración do Concello de Betanzos e da asociación Xandobela, poidemos gozar dunha xincana sobre Xela Arias coa que descubrimos un montón de cousas interesantísimas.

      Aquí recolleremos unha escolma de varios recursos web que están á vosa disposición para coñecer e traballar a figura de Xela Arias.


      Etiqueta: 1URL: 14
    • SEMANA DO LIBRO

      TODO O COLEXIO CELEBROU ESTA DATA TAN SINALADA. MIRADE QUE BEN QUEDARON OS VOSOS TRABALLOS!

      Comezamos presentándovos os traballos realizados polo alumnado de educación infantil. Mira que traballan estes nenos e estas nenas!

      O alumnado de primeiro celebrou o a semanda do libro decorando as fiestras cun gran mural para que todos o vexamos dende o patio. Bravo!!

      Como bos escritores e boas escritoras que son, o alumnado de segundo quere compartir con vós os seus contos. Todos eles suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos. Lede e veredes!

      O alumnado de terceiro tamén nos agasallou cos seus contos. Todos os personaxes viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.

      O alumnado de cuarto celebrou esta semana con actividades variadas encamiñadas a resaltar a importancia que os libros teñen na nosa vida. Deixámosvos aquí algunhas delas:

          

      O alumnado de quinto quixo animarnos á lectura. Mirade que ben o fan!

      O alumnado de sexto fanvos as seguintes suxestións de libros interesantes. Convertíronse en INFLUEN-LER!

      <

    • DÍA DA POESÍA

      O pasado 21 de abril celebramos o Día da poesía no noso colexio. Mirade que ben quedaron os vosos traballos e como se nota que vos gustou ler, escribir e ilustrar poemas.

      Gozamos co pomea O arco da vella de Manuel María.

      Ilustramos a Besta poética.

      Elaboramos uns acrósticos moi chulos.

      Tivemos a sorte de poder aprender con Antía Otero.

      E recitamos e cantamos a obra de Rosalía.

    • ROSALÍA DE CASTRO

      Nesta data tan especial quixemos homenaxear á nosa benquerida Rosalía de Castro.

      RECURSOS:

      Ficheiros: 4
    • DÍA DA PAZ

      QUE VIVA A PAZ

      Despois da lectura do conto "A ÁRBORE DA PALABRA" creamos a nosa propia árbore con palabras que convidan á Paz. Agardamos que vos guste.

      A demais, esta actividade dounos pé para traballar as emocións e fixemos o noso propio muro das emocións. Mirade que bonito quedou!

      Mirade que proposta máis bonita nos achega o noso fantástico alumnado:

    • O NADAL

      POSTAIS DE NADAL

      Un ano máis, convidamos ao alumnado a deseñar as súas propias postais de Nadal. O resultado foi impresionante. Aquí vos deixamos unha pequenas mostra das súas obras de arte:

    • MES DA CIENCIA EN GALEGO

      OS NOSOS EXPERIMENTOS:

      Este mes fixemos moitos experimentos. Aquí podedes ver algúns deles. Agardamos que vos gusten:

      MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS:

      "....chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo". Xurxo Mariño Alfonso.

      No mes de novembro celebramos o "MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS". Por iso, o primeiro que queremos e presentarvos unha escolma de libros sobre ciencia que podes atopar na nosa biblioteca escolar. Agardamos que che guste.

      Add instructions or guidlines here. de bibliotecavales

      EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: DHAUNAE DE VIR e GISELA VAQUERO

      DHAUNAE DE VIR naceu nos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e outros formatos a varias linguas. Produciu proxectos exitosos na industria cinematográfica, obtendo numerosos premios internacionais, incluíndo un premio BAFTA New Talent. O seu primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol converteuse no segundo proxecto máis financiado en España en todas as industrias.
      Gisela Vaquero, traballou na industria dos videoxogos durante máis de cinco anos. É licenciada en Comunicación Audiovisual, en Publicidade e Relacións Públicas e especializada en deseño e guión de videoxogos. É fundadora de Jellyworld Interactive, una compañía que busca mellorar a igualdade de xénero mediante os videoxogos; e Presidenta da Asociación Women in Games España (WIGES).

      EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: BEGOÑA VILA COSTAS

      É unha enxeñeira astrofísica natural de Vigo e está especializada no estudio de galaxias espirais. Estudou nas Universidades de Santiago de Compostela e Manchester, onde se doutorou, así como no Instituto de Astrofísica de Canarias. No 2016 recibiu o Premio “Logro Público Excepcional” da NASA e ao ano seguinte obtivo o Premio da Xunta de Galicia pola Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, “María Josefa Wonenburger Planells”. O seu percorrido profesional abrangue dende a Axencia Espacial Canadense ata a NASA.
       
      Na actualidade, Begoña Vila reside en Washington DC, e traballa como enxeñeira de sistemas no centro de voo espacial Goddard da NASA, onde é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb -sucesor do "Hubble”- teña a máxima precisión na toma de imaxes tras o seu lanzamento, a bordo dun cohete Ariane 5, na primavera de 2019.

      EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: REBECA ATENCIA

      Na actualidade, Rebeca Atencia dirixe o Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, situado na República Democrática do Congo e dependente do Instituto Jane Goodall. Neste centro fundado no 1992 coidan e protexen a uns 160 chimpancés co propósito de devolvelos á selva ao tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixido á poboación da zona. O centro ofrece un santuario aos exemplares de chimpancé en situación de orfandade, vítimas do  comercio ilegal de carne de animais salvaxes ou de animais de compañía. 
       
      No 2011 o Instituto Jane Goodall (JGI) negociou con éxito co goberno do Congo a expansión a tres illas situadas no río Kouilou, onde o JGI poderá recolocar a uns 120 chimpancés que actualmente viven no santuario. Alí, os chimpancés vivirán nun hábitat máis natural e reducirase o amontoamento de Tchimpounga. Ata o de agora, 57 dos chimpancés máis fortes e mellor preparados foron recolocados nas illas Tchindzoulou, Ngombe e Tchibebe.
       
      Na conversa, realizada por Bárbara Román, avogada responsable de Nolegaltech -unha empresa galega especializada en dereito tecnolóxico- Rebeca Atencia afirma que “ao principio ser muller foi un impedimento, pero ao final transformouse en algo positivo porque acabaron dando máis valor ao meu traballo”. Neste sentido, a primatóloga aconsella ás rapazas novas “que crean nelas mesmas, se realmente soñan con algo, por moi raro e inalcanzable que pareza”.

    • DÍA DAS ESCRITORAS:

      Este ano celebramos o Día das escritoras o 19 de outubro co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

      E son moitas as escritoras galegas que teñen obras que podes atopar na nosa biblioteca escolar. Pulsa no seguinte enlace e poderás coñecelas:

      AUTORAS GALEGAS NO NOSA BIBLIOTECA

      E agora que xa as coñeces, cal che apetece ler?

      Se aínda non o tes claro, aquí che deixamos unha escolma de libros recomendados para cada curso escolar:

      ESCRITORAS GALEGAS de bibliotecavales

      TRABALLO DO ALUMNADO:

      Se queres ver o traballo que realizou o aulmnado nas aulas para conmemorar este día, podes acceder ao blog da biblioteca no seguinte enlace e gozar con todos eles.

      TRABALLOS SOBRE ESCRITORAS GALEGAS

    • O OUTONO EN GALICIA

      O SAMAÍN:

      O Samaín sempre trae consigo cabazas ao centro. Observade que cabazas máis terroríficas tivemos este ano con nós.

      Samaín_video de Mero Mero

      samaín 5ºep de Mero Mero

      Ademais as rapazas e rapaces estiveron argallando diferentes receitas coas que celebrar o Samaín de forma saudable: arañas de mandarina, plátanos fantasmais, bocadillos monstruosos... serás capaz de probalos?

      hoxe no menú temos... de Mero Mero

      FROITOS DO OUTONO:

      Este ano, no que non podemos compartir as merendas, Mero quixo aprender observando as merendas dos nenos e das nenas do colexio.

      Descubriou que o outono trae moita froita variada: castañas, noces, améndoas, caquis, kiwis, feixoas... hai para todos os gustos!

      VIVA A FROITA!

      Diseño de Mero Mero

      A VENDIMA:

      Este ano Mero quería saber o ben que o pasamos na vendima. Aquí podedes ver o resultado:

      VENDIMIA EN FAMILIA 20_21 de Mero Mero

      A Mero gústalle moito a vendima, e neste ambiente de festa, achéganos esta bonita canción do grupo Treixadura sobre a vendima, para que gocemos todos e todas con ela.

       

    • EU SON GALICIA

      RIQUEZA XEOLÓXICA E PAISAXÍSTICA DE GALICIA A VISTA AÉREA

      Nesta curtametraxe, elaborada polo proxecto Galego XEOCLIP, querémovos lembrar, a través das súas fermosas imaxes, como é Galicia: fermosa, brava, feble, agarimosa... e única.

      Na nosa man está conservala.

      A SAÚDE DOS NOSOS OCÉANOS

      Documental feito en Galicia e dirixido por Luis Navarro. Agarmos que vos guste.

      DÍA DA ILUSTRACIÓN

      O día da Ilustración celébrase cada ano  30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar o papel dos profesionais e das profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado unha figura galega. A protagonista deste ano é LOLITA DÍAZ BALIÑO.

    • DÍA DAS LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO

      Este ano, a celebración do día das letras galegas adiouse por mor da Covid. Pero nós ímolo celebrar ao grande. Grazas á colaboración do Concello de Betanzos os nenos e nenas poderán gozar cunha actuación virtual de Raquel Queizás.

      O alumnado de educación infantil poderá gozar con NANO VAI A ESCOLA e para o alumnado de educación primaria, preséntanos "A FARSA DAS ZOCAS". Agardamos que vos gusten:

      Así mesmo, para festexar o día das letras presetamos unha escolma de recursos que esperamos que sexan do voso interese. Estes recursos foron elaborados polo EDLG do centro, pola Real Academia Galega, polo Portal da Lingua Galega, polo Seminario Galán e por varios centros educativos.

      DÍA DAS LETRAS GALEGAS

      RICARDO CARVALHO CALERO


      SCAPE ROOM

      NIVEL: DOADO NIVEL: MEDIO NIVEL: DIFÍCIL

      AS PITAS BAIXO A CHOIVA

      BUSCO INFORMACIÓN:

      BUSCO ACTIVIDADES INTERACTIVAS:

      BUSCO ACTIVIDADES IMPRESAS: