Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Animación á lectura

Contos e mais contos

Colaborando coa biblioteca do cole, seguindo a temática deste curso dos "Contos populare", aquí tedes un pequeno entretenimento.

Esperamos que o disfrutedes!

 

 
 

DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS

Asociación Colombiana do Libro Infantil
 


A Asociación Colombiana do Libro Infantil redactou o Decálogo de dereitos dos nenos a escoitar contos, que segue:


1. Todo neno* sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a
escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos,
especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa
capacidade crítica.


2. Todo neno ten dereito a esixir que seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un
neno, non só incorren nun grave delito de omisión culpable, senón que
se están autocondenando a que seus fillos endexamais lles volvan pedir
outro conto.


3. Todo neno que por algunha razón non teña a ninguén que lle conte
contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia
que llos conte, sempre que este amoseque o fai con amor e tenrura, que
é como se contan os contos.


4. Todo neno ten dereito a escoitar contos no colo dos seus avós.
Aqueles que teñan vivos a seus catro avós poderán cederllos a outros
nenos que por diversas razóns non teñan avós que llelos conten. Do
mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos están en perfecta
liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de
concentración infantil, onde poderán contar cantos contos queiran.


5. Todo neno está no dereito de saber quen son os principais autores de
contos. As persoas adultas teñen a obriga de poñer ó alcance dos nenos
todos os libros, contos e poemas deses autores.


6. Todo neno goza en plenitude de dereito de coñecer as fábulas lendas e mitos da tradición oral do seu país.


7. O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos,
así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.


8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga
de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou
alleos, con reis ou sen eles, longos ou curtos. O único obrigatorio é
que os contos sexan realmente fermosos.


9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un milleiro de veces o mesmo conto.


10. Todo neno, por último, ten dereito a medrar acompañado das
aventuras dos Tres Porquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan
bonito.... e do inmortal "había unha vez", fórmula máxica que abre as
portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos da nenez.


N.T.: *Emprégase o xenérico
masculino, respectando o orixinal,
mais entenderase sempre nena e
neno, ou neno e nena
Traducido no 2004 pola Asesoría de Bibliotecas Escolares

Distribuir contido


by Dr. Radut