Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

FESTA FIN DE CURSO 2023-2024 DO ANPA OS MUIÑOS

O día 22 de xuño, a ANPA Os Muiños realizará a súa Festa de Fin de Curso, que terá inchables en horario de mañá e tarde, tatoos e zona de debuxo e xogos.

Convidan ás familias a comer todos xuntos de picnic no patio do colexio.

Pola tarde para finalizar a festa realizaran un sorteo de vales para compra no comercio guardés e Gran Festa da Espuma!.

 

NANI MATOS PRESENTA A SÚA CURTA EN BIBLIOSOLANAS

O director de cine Nani Matos e Sabela Rodríguez, alumna de 6º de primaria e actriz da curta, presentan en BiblioSolanas: "ANTES DE QUE SE POÑA O SOL".

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e o profesorado agradecemos a súa visita.

Preme nas imaxes para ver o vídeo da súa visita.

         

Ademáis Radio Treboada fixolle unha entrevista.

 Neste programa as nenas de 6º entrevistan ao guardés Nani Matos, director e actor da curta “Antes de que se poña o sol” na que debutou Sabela de 6º A.

Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/130022762

EXCURSION FIN DE CURSO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado e titoras de 6º de primaria fixeron unha excursión a Granxa Escola Bergando en Negreira (A Coruña) e remataron durmindo no colexio e cunha saída a praia de Area Grande. Foron 72 horas moi intensas.

GRANXA ESCOLA GERGANDO
PERNOCTA NO COLEXIO E SAÍDA A PRAIA

CONCURSO DE CARTEIS PEIXE ESPADA DA ASOCIACIÓN ORPAGU

Concurso organizado por ORPAGU polo cartel da Festa do Peixe Espada 2024.

1º PRIMARIA 2º PRIMARIA
 
3º PRIMARIA 5º PRIMARIA
 

5 DE XUÑO: ANDAINA polo Camiño de Santiago e "PLOGGING" recollida de residuos na praia.

Para festexar o Día do Medio Ambiente fixemos dúas actividades:

1. Dentro do Programa Vexo Veo Xacobeo, andaina por un tramo do Camiño de Santiago pola costa.

2. Recollida de residuos na Praia de Area Grande e zona da Cetárea Grande.

VEXO VEO XACOBEO- ANDAINA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO POLA COSTA
 
RECOLLIDA DE RESIDUOS NA PRAIA AREA GRANDE E ZONA CETÁREA 
   

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIBLIOSOLANAS 2024

BiblioSolanas convocou o seu V certame de fotografía.

Este curso o proxecto da bilbioteca é "UN LÍO DE XOGOS" por elo pedimos unha foto xogando en familia.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES

VÍDEO CON TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES

 
VíDEO ENTREGA DOS PREMIOS  

OBRADOIROS EN 3º DE PRIMARIA COA PROFE GEMA

OBRADOIRO MATEMÁTICO: XEOMETRÍA

OBRADOIRO DE TEATRO

OBRADOIROS DE CICLISMO

Nesta semana temos dous obradoiros de ciclismo: un impartido polo Club Ciclista O Rosal para o alumnado de infantil e 2º de primaria e outro pola Deputación de Pontevedra para o alumnado de 5º de primaria.

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron o nosos nenos e nenas.

OBRADOIRO DO

CLUB CICLISTA O ROSAL

OBRADOIRO DA

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

   

DESPEDIDA DE JACOB- AUXILIAR DE CONVERSA 2024

O último día de maio despedimos ao noso auxiliar de conversa JACOB.

Foi un pracer compartir este curso con el. Esperamos que volte pronto.

30 DE MAIO:

MERCADILLO DE 2º MAN DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA PARA A SÚA EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2024

ACTUACIÓN DE PAKOLAS EN BIBLIOSOLANAS.

GRAZAS AO PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS"

PREME NAS IMAXES.

Distribuir contido


by Dr. Radut