Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO 2024 ANPA OS MUÍÑOS: FESTA DE FIN DE CURSO E EXCURSIÓN A AMARANTE

Dende a directiva da ANPA estamos traballando para realizar actividades no tramo final do curso. Ao igual que nos anos anteriores queremos manter a Festa de fin de curso que se celebraría o día 22 de xuño, sábado, en horario de mañá e tarde facilitando así poder chegar a maior parte das familias e asegurando a diversión dos nosos pequenos.

Tamén queríamos recuperar a excursión ao Parque acuático de Amarante. Esta actividade realizaríase o día 1 ou 8 de xuño, en función da dispoñibilidade do Parque. Dende a ANPA contrataríamos un autobús ata o parque acuático e xestionaríamos a entrada como grupo, o cal nos proporciona un desconto dun 20% sobre o prezo habitual, quedando os seguintes prezos:

CRIANZAS ATA 4 ANOS INCL.

GRÁTIS

CRIANZAS DE 5 A 12 ANOS

13.55€

ADULTOS

20€

Para poder concretar a reserva precisamos saber o voso interese en participar e asegurarnos que formamos o grupo mínimo necesario. É por iso que vos pedimos que de estar interesados en asistir vos anotades no seguinte cuestionario ata o 30 de abril, para que podamos valorar se seguir adiante coa actividade. A partir desta data vos concretaríamos a data definitiva e abriríamos un período de inscrición definitivo.

ENLACE A ENQUISA

NORMAS DE PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN

A excursión de Amarante realizarase o día 8 de xuño. A participación está reservada de manera preferente para as familias socias da ANPA que confirmen o seu interese ingresando o prezo das entradas antes do 24 de maio na conta da ANPA.

En caso de sobrar prazas no bus, abrirase un novo período entre o 28 e o 31 de maio para NON SOCIOS, que deberán aboar 5€ por persoa pola viaxe en Bus. As normas e detalles para formalizar a inscrición e participar na excursión atópanse no seguinte documento

Para calquera consulta ou dúbida podedes escribir a anpasolanas@hotmail.com

AdxuntoTamaño
EXCURSIÓN A PARQUE ACUÁTICO DE AMARANTE.pdf270.4 KB


page | by Dr. Radut