NOVO NÚMERO DE TELÉFONO
886110075
3 de decembro: Día da discapacidade.
O 3 de decembro conmemorouse o "Día da discapacidade".
As mestras especialistas do Departamento de orientación coa axuda da mestra Lucía de infantil e da mestra Iris, encargáronse de sensibilizar ao alumnado sobre esta temática da seguinte maneira:
En infantil visualizaron o conto "El cazo de Lorenzo" e seguidamente fixeron un mural co cazo que cada neno e nena fixo.
En 1º e 2º de primaria tentaron debuxar cos ollos pechados.
En 3º e 4º de primaria visualizaron un conto signado sen audio e crearon os seus nomes con lingua de signos.
En 5º e 6º de primaria fixeron un ditado coa man non dominante e logo tentaron ler o que escribiron.
Ademais, a mestra Iris fixo co alumnado de 5º e 6º un mural.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Discapacidade auditiva.mp4 | 65.77 MB |
Discapacidade visual.mp4 | 16.71 MB |
Dislexia.mp4 | 52.53 MB |