Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

PRIMEIRAS MÁQUINAS CON LEGO EDUCATION

O alumnado de 5º de educación primaria traballou con engranaxes facendo unha buxaina, un debuxo máxico e unha troqueladora, co kit de máquinas simples de LEGO Education.

Preme nas imaxes para ver o vídeo.

SEMANA STEM: do 29 de maio ao 2 de xuño

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 de xuño de 2023

O 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente para sensibilizar a sociedade sobre a importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respeto pola nosa contorna.

O equipo de Dinamización Lingüística programou unha andaina por un tramo do Camiño de Santiago, dentro do seu programa Vexo Vexo Xacobeo.

Mentres o equipo de Medioambiente fixo unha recollida de residuos plásticos na praia de Area Grande e na zona da Cetárea Redonda.

Nos seguintes vídeos podedes ver ambas actividades. Preme nas imaxes.

Andaina por un tramo do Camiño de Santiago

Programa Vexo Vexo Xacobeo

Limpeza de plásticos na Area Grande e Cetárea Redonda.

Programa Limpezas de contornas naturais.

VISITA DO CLUB CICLISTA O ROSAL AO ALUMNADO DE INFANTIL

O Club Ciclista o Rosal viu a pasar unha xornada co alumnado de infantil. Crearon no pavillón unha xincana con obstáculos e circuitos.

Preme na fotografía para ver o vídeo.

DÍA DO XOGO INFANTIL: XOGOS DE MESA EN GALEGO. 30 de maio

O 30 de maio é o Día do Xogo Infantil e para festexalo os equipos de Biblioteca, Dinamización Lingüística e Patios Dinámicos convidaron as rapazas de Brazolinda a visitarnos cos seus xogos de mesa en galego: "por unha educación baseada no xogo".

O alumnado de infantil e primaria estivo xogando na biblioteca con estes divertidos xogos.

PREME NAS IMAXES.

INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
   

BIBLIOCREATIVA.OBRADOIRO DE HAMMA BEADS

As Hamma Beads son pezas pequenas con forma cilíndrica que coa caor do ferro afúndense e solidifican a figura que fixemos coas pezas.

O alumnado de 6 primaria creo os seus propios chaveiros con estas pezas.

Preme na imaxe para ver os resultados.

OBRADOIRO DE REFUGALLO: 2º Primaria

A profe Bel e o seu alumnado construiron obxectos con materiais de refugallo.

Preme na imaxe para ver os resultados.

PROGRAMA SPRING WEEK. 6 Primaria

A Spring Week é un curso de inmersión lingüística en lingua inglesa en réxime interno no centro residencial Peares en Ourense.

O noso alumnado de 6º de primaria estivo do 4 ao 10 de xuño vivindo esta experiencia nun entorno privilexiado ao caron do encoro de Os Peares.

 

 

BIBLIO CREATIVA. REMATE DE BOLSIÑAS

Por fin rematamos as nosas bolsiñas: decoración e cosido final.

Preme na imaxe.

BIBLIOTECA: LECTURA E FAMILIAS. OBRADOIRO DE LETTERING.

Obradoiro de lettering para alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e as súas familias.

Toda unha experiencia de creatividade.

Preme na imaxen para ver as nosas obras de arte en caligrafía.



by Dr. Radut