Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

SELFIES DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE CURSO 2022-2023

COMEZAMOS O CURSO 2022-2023.

No seguinte vídeo podedes ver as nosas clases.

 

BENVIDA AO COELLO "OREO"

O equipo medioambiental convidou ao coello Oreo a pasar este curso 2022-2023 nas instalacións do noso colexio. Terá un espazo adaptado as súas necesidades e será coidado por todo o noso alumnado.

Estamos encantados con este novo membro Risa.

 

MAQUETAS CIENCIAS 2022

O alumnado de 6º de educación primaria dentro da materia de ciencias da natureza fixo unhas maquetas das células animais e vexetais, traballando as súas partes.

O alumnado de 5º de educación primaria dentro da materia de ciencias sociais fixo unhas maquetas do sistema solar cos seus planetas e elementos do espazo.

 

ACTIVIDADE BALONMAN NA HORA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Durante unhas xornadas nos acompañaron profesionais do balonman para achegarnos este deporte, tan presente na nosa localidade.

Moitas grazas a:

  • Fabio Lima: coordinador da base do Mecalia Atlético Guardés.
  • César Armán: coordinador do Atlético Novás.
  • Maria Doiro: xogadora do Mecalia Atlético Guardés.
  • Héctor Gil: porteiro do Atlético Novás. 

Para o noso alumnado de primaria foi un pracer o rato compartido.

CHEGADA DE AUXILIAR DE CONVERSA: DORENE

Outro ano máis contamos cunha auxiliar de conversa para o noso alumnado.

Este ano estará con nos ata o 31 de maio DORENE que ven do estado de Georgia en EEUU.

CADERNO DE CAMPO NA CONTORNA DE SOLANAS

O alumnado de 5º de educación primaria traballou, dentro da materia de ciencias da natureza, cun caderno de campo da contorna de Solanas.

Os cadernos de campos son instrumentos de observación do medio natural.

Os nenos e nenas de 5º, tiñan que explorar a contorna do noso colexio e investigar sobre a súa fauna e flora, indicando as características dos animais, moluscos, plantas, algas... que foran atopando.

A súa saída incorporouse o alumnado de 4 anos.

Pasamos un moi bo rato xuntos e xuntas.

PATIO DE CONVIVENCIA 2022

O proxecto de centro deste ano é traballar os ODS que son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible.

Durante a hora do patio o noso alumnado compartiu o seu tempo lecer con compañeir@s doutros cursos e etapas, ademáis de buscar cal sería o seu padriño/madriña afillado/afillada para as actividades conxuntas deste ano.

Cada neno ou nena tiña un ODS e tivo que buscar a súa parella.

Merendamos e xogamos tod@s xunt@s.

 

Eleccións ao Consello Escolar 2022

         
   
     
   
     
   
     

 

 

DIXITALWEEK 2022

A DIXITALWEEK é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais dirixido ao alumnado de 6º de primaria.

Os nosos nenos e nenas estarán en réxime de internado, nunha quenda desde o domingo 23 ao sábado 29 de outubro, en Bergondo.

SAMAÍN. HALLOWEEN 2022



by Dr. Radut