O Venres, 17 de Marzo, celebramos no colexio o St. Patrick's day organizado conxuntamente polo equipo de extraescolares xunto co mestre bilingüe de Ed. Física.
Xuntos @s nen@s en grupos heteroxéneos, tiveron que seguir as pistas para chegar ata o tesouro. Todas as pistas e as indicacións estaban en inglés.
O Día 21 de marzo celébrase o día da Poesía. Para a nosa celebración os nen@s de Ed. Infantil recitaron nas aulas de primaria o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro. E nen@s de 4º de Ed. Primaria recitaron fragmentos do libro de Roal Dalh "Cuentos en verso para niños perversos"
@s nen@s de 6º de Ed. Primaria acudiron hoxe, 22 de marzo, a unha charla-mostra sobre a lamprea e cómo se pesca. Nela poideron ver unha lamprea viva, cómo son os aparellos de pesca, a vestimenta que usan os pescadores...