Skip to Content

NORMAS DE FUNCIONAMENTO CEIP SOBREIRA

·         Nas entradas e saídas, o alumnado permanecerá no patio cuberto agás o alumnado de Educación Infantil que agardará na entrada principal. Ás 9:00 abrirase o Centro e haberá unha quenda de mestras de garda, polo que rogamos que os pais/titores non permanezan no patio de Primaria.

·         Para evitar situacións de perigo é necesario acceder ao Centro polo acceso peonil. O acceso con vehículos está restrinxido. Recordamos a necesidade de deixar libre o espazo reservado para o autobús escolar.·         Ás 9:30h pecharase o portón. No caso de chegar tarde á primeira hora, de xeito reiterado, pasarán por Secretaría.

 

·        

É obrigatoria a asistencia e puntualidade. As faltas notificaranse e xustificaranse aos titores/-as por medio da axenda escolar ou notas informativas.

·        

O alumnado que teña que saír antes do horario lectivo, informará na zona administrativa do centro e cubrirá o rexistro da saída.

·        

Todo o alumnado debe presentar un teléfono de contacto actualizado e operativo para poder comunicarnos no caso de emerxencia sanitaria ou imprevisto.

 

·        

Durante as saídas extraescolares (que son actividade regradas do colexio) o alumnado está baixo a tutela do profesorado,debendo respectar e obedecer as instruccións dadas polo profesorado en todo momento.

·        

Rogamos que os pais/titores non accedan ás aulas en horario lectivo.

·        

Para entrevistas cos titores, martes de 17:45 a 18:45 previa cita. O profesorado atenderá ás familias neste horario xa que antes participa en diversas reunións de programación e dinamización.

·        

Se o seu fillo/-a comenta algún problema relacionado co Centro, cos compañeiros, co profesorado... o primeiro contacto é a titora e, se fose necesario, o Equipo Directivo tentará de mediar para resolver calquer contratempo.

·        

Os pais/titores legais, deben devolver os informes e boletíns de notas asinados.

·        

No caso de padecer algunha alerxia ou necesidade dalgún tipo de atención médica específica debe comunicalo á titora, entregar a certificación médica que o acredite en Secretaría e, de ser o caso, inscribilo no programa de Alerta Escolar Médica.

·        

É aconsellable marcar a roupa e pertenzas. As prendas extraviadas estarán no corredor da ANPA.

·        

Non está permitido traer obxectos innecesarios (máquinas de xogos,  teléfonos móbiles...) ou perigosos.

 

(esta información está recollida no boletín informativo)



page | by Dr. Radut