A LEOTECA XA ESTÁ DE VOLTA!!!
Estimados lectores e lectoras da Sobreira:
Don preguntón deixou a primeira pista para adiviñar cal é o tema de investigación para este curso.
Apareceron unha serie de frechas polos corredores que, polo momento, non parecen levar a ningures…
Seguide atent@s ás pistas que aparecerán estes días e se tedes algunha idea de cal pode ser o tema podedes escribilo nos POSTIT e pegalos na cartolina verde da LEOTECA que veredes na vosa aula.
Resolveremos o misterio a próxima semana para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Pronto abrirá a LEOTECA para que podades investigar cos vosos mestres e coller libros en préstamo.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!