Skip to Content

INSTRUCIÓNS PARA A ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID DO CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias,

Como sabedes, a situación epidemiolóxica obríganos a manter as medidas preventivas coas que rematamos o curso pasado. O protocolo publicado pola Consellería o 1 de setembro permite, iso si, relaxar as medidas en relación aos seguintes aspectos:

- Uso de material compartido

- Traballo en grupos colaborativos (mantendo as distancias, con mascarilla e

  ventilación)

- Xuntar dous grupos do mesmo nivel para algunhas actividades (por 

  exemplo,2º A e 2º B)

- Substituir o uso do xel hidroalcohólico polo lavado de mans con 

  auga e xabrón (especialmente para os máis pequenos).

- O uso da máscara na etapa de Educación Infantil non será obrigatoria, aínda que é recomendable.

 

PINCHADE NA IMAXE E LEDE CON ATENCIÓN PARA LEMBRAR AS INSTRUCIÓNS RELATIVAS Á ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E FELIZ CURSO 2021-2022!!!

 



page | by Dr. Radut