Animación á lectura

Actividades do 1º trimestre

A continuación deixamos un enlace a unha imaxe interactiva na que poderedes ver varias actividades que realizamos durante o primeiro trimestre deste curso. Deberedes acceder ao enlace e despois premer sobre a imaxe do vídeo ao que queirades acceder.

O claustro deséxavos un Feliz 2024!

 

Actividades do 1º trimestre

Aquí vos deixamos un breve resumo dalgunhas actividades deste primeiro trimestre do curso. Poderedes acceder aos correspondentes vídeos clicando sobre as imaxes.

 

Break Out Educativo

No 3º trimestre deste curso 2022-2023, dende o centro leváronse a cabo varias actividades, entre elas un par de BreakOut, nos que a través dalgunhas probas traballamos diversos contidos. 

Neste caso, o nome da misión foi "Salvemos as nosas verbas!", para superar a misión o alumnado en grupos tivo que superar diversas probas sobre: Rosalía de Castro, Francisco Fernández del Riego e Cervantes.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo resumo da actividade.