Actividades
Entroido 2024
O pasado venres puidemos celebrar o Entroido, aínda que a choiva nolo puxo complicado, desfilamos polo noso pavillón, bailamos, sacamos fotos, compartimos tempo coas familias, merendamos...
Aquí deixamos o vídeo da xornada (premede sobre a imaxe e levaravos ao vídeo).
Comandas de Entroido 2024
O próximo luns daremos comezo aos mandatos do Meco. Cada día deberemos traer o que nos pida!
O venres día 9, se o tempo o permite, faremos o tradicional desfile polo pobo e posteriormente queimaremos o Meco. Agardámosvos!
Xornadas de portas abertas 2024
Achégase o momento! Chegan as xornadas de portas abertas!!
Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o proceso de admisión de novas matrículas nos centros educativos.
Actividades do 1º trimestre
A continuación deixamos un enlace a unha imaxe interactiva na que poderedes ver varias actividades que realizamos durante o primeiro trimestre deste curso. Deberedes acceder ao enlace e despois premer sobre a imaxe do vídeo ao que queirades acceder.
O claustro deséxavos un Feliz 2024!
Actividades do 1º trimestre
Aquí vos deixamos un breve resumo dalgunhas actividades deste primeiro trimestre do curso. Poderedes acceder aos correspondentes vídeos clicando sobre as imaxes.
Reunións de familias
Calendario de reunións coas familias.
Excursión ás Pontes
Para seguir a tradición, non podíamos rematar o curso sen a excursión final de curso.
Neste caso desprazámonos, todo o cole, ata as Pontes de García Rodriguez; alí fixemos múltiples actividades e pasamos un día moi divertido, podedes velo premendo sobre a imaxe.