Educación Primaria

23 Febreiro: Día de Rosalía de Castro

Mañá venres celebramos o Día de Rosalía de Castro, por iso ao longo desta semana estivemos traballando sobre a figura de Rosalía e entre todas e todos recitamos o seu poema "Cantarte hei, Galicia". 

Podedes ver o vídeo premedo sobre a seguinte imaxe. 

Listas de material 2023/2024

Deixamos a continuación as listas de material solicitado por cada unha das titoras ou titores. Se existen dúbidas, poderedes solventalas o próximo luns 11. 

 

Curso 2023/2024

Día do Libro 2023

Celebramos o Día do Libro cun apadriñamento lector (o alumnado de 4º-5º-6º leron libros ao resto de alumnado polas diferentes estancias do centro). Despois fixemos entrega das "Mochilas Viaxeiras" que comezan a súa andaina polos diferentes fogares. 

Pinchade nesta imaxe para ver o vídeo do día.

Visita do Centro de Día

O pasado venres recibimos no noso cole a visita de varios usuarios e usuarias do Centro de Día "Casa Capataz". Foi unha visita moi agradable na que nos ensinaron cousas moi importantes para a vida e nós agasallámolos con poemas, contos e cancións. 

Visita a SOGAMA

O pasado 11 de abril, as alumnas e alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º viaxaron ata Cerceda para recibir unha formación nas instalacións de SOGAMA. Alí xogaron, aprenderon e visitaron as instalacións deste centro de procesamento e reciclaxe de residuos. 

Aquí tendes un vídeo con imaxes do día.

Excursión a Corax Fauna

Para despedir o 2º trimestre do curso, todo o alumnado e profesorado do centro, gozamos dunha magnífica mañá en Corax Fauna (Paderne).

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.

O Paraugas da Fala

O pasado día 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, por este motivo, dende o Concello de Guitiriz ofrecéronnos a actividade "Paraugas da Fala" para todo o alumnado do centro. 

Deixamos un breve vídeo con algunhas fotos do que fixemos...

O noso horto escolar

O pasado 3 de marzo, todo o alumnado e profesorado do centro inauguramos o noso horto escolar...velaí tendes un vídeo cunhas imaxes do día!