Música

Recibimos a visita dos profesores do Conservatorio de Lugo

 

O pasado xoves 7 de Marzo, recibimos a visita dos profesores do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

 

 

Festival de Nadal 2012

 

O pasado venres 21 de Decembro de 2012 celebramos no colexio o Festival de Nadal.

 

 

Festival Fin de Curso 2012

 

O pasado día 21 de Xuño de 2012 celebramos o Festival de Fin de Curso, no que todos os alumnos e alumnas do colexio fixemos actuacións musicais.

 

IMOS Á OPERA!

O día 24 de Xaneiro de 2012 os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria viaxamos ata Lugo. Concretamente ao Auditorio Gustavo Freire, onde asistimos á representación da ópera cómica "O elixir de Amor" de Gaetano Donizetti acompañados por algúns dos nosos mestres e mestras.

 

CELEBRAMOS O NADAL

O pasado día 21 de Decembro de 2011 celebramos o Festival de Nadal no que tódolos alumnos e alumnas do colexio fixemos actuacións musicais.

Contamos coa presenza dos nosos familiares e dos nosos profesores que nos aplaudiron un montón. Pasámolo moi ben todos xuntos!

LEVAMOS AS NOSAS PANXOLIÑAS Á RESIDENCIA CARLOS IV DE OUTEIRO DE REI

 


O pasado Martes 20 de Decembro de 2011 visitamos a residencia de maiores Carlos IV en Outeiro de Rei. Quixemos agasallar ós residentes cun regalo de Nadal moi especial en forma de música: as nosas panxoliñas.

A música no colexio

Antes de que a música contase cun espazo curricular nos distintos corpos lexislativos que foron aparecendo, xa se impartía esta materia no Santo Estevo de Parga. Desde aquela a hoxe o percorrido estivo marcado por moitas actividades que, como as complemetarias, tiveron carta de realidade na andaina do centro. Cómpre salientar a participación no Concurso Galego-Portugués de Panxoliñas e Cantos de Nadal que chegou ata a undécima edición e na que acadamos a clasificación varias veces.