Infantil incansable

O alumnado de infantil está no último sprint do curso académico, desexando chegar ao que vén e poder estar de volta no colexio. 

Aquí vos deixamos un vídeo recompilación dos últimos traballos.

 

Audiolibro: La Isla del Coral

O alumnado de 4º quere compartir con todos vós a lectura do libro:

LA ISLA DEL CORAL

(Preme no título para acceder ao audiolibro).

Donas de Si - 4º

Recordando o traballo realizado polos rapaces e rapazas de 4º, aquí unha mostra do proxecto de investigación e lectura sobre grandes escritoras da linteratura infantil e xuvenil galega.

O proxecto final, unha verdadeira artistada. Premendo na imaxe podedes ver fotos e un vídeo sobre o proceso de creación.

Adaptacións das programacións 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, queremos dar difusión ás adaptación das programacións realizadas para este 3º trimestre.

Nos seguintes enlaces podedes acceder a elas:

Admisión do alumnado - Curso 2020/21

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. O novo prazo comenzará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

Novos prazos do procedemento:

Traballando arreo

Os cativos e cativas de Educación Infantil mantéñense motivados demostrando que o confinamento non poderá coas súas gañas de seguir gozando e aprendendo, senón mirade:

 

Portadas no Día do Libro - Vídeo

Outra das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización dun vídeo con fotografías dos rapaces/zas imitando a portada dun libro que tivesen pola casa. Non podedes deixar de velo! Quedou xenial!

 

Día do Libro

"Se queres aventura lánzate á lectura"

 Aí van as creacións dos nosos alumnos. Admirade o seu talento.