Móvete +

Este ano o Plan Proxecta escollido foi o PVAD na súa modalidade Móvete+. 

O principal obxectivo que perseguimos, foi dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable a través do baile, tanto nas sesións de EF como nos recreos.

A continuación un exemplo/pequena mostra do traballado.

Formigas de San Clodio

Esta singular creación en plena natureza está vinculada ao proxecto Vida de Aldea, creada por Xosé Ramón Rodríguez Iglesias e coa que está a dar «vida», nunca mellor dito, a esta pequena poboación lucense.

A súa intención vai máis aló de crear un bosque de conto, senón que tamén busca contaxiar o espírito da vida no campo e protexere o medioambiente promovendo a reciclaxe.

Asturias e Cantabria

Unha viaxe para o recordo. Experiencia inigualable que promove a convivencia escolar, a autonomía, enriquece as vivenzas do alumnado... Unha excursión xenial.

 

Educación Ambiental - Anxo Moure

Saída para a construción de saberes, valores e prácticas ambientais co obxectivo de promover a conciencia ecolóxica e o coidado dos espazo naturais.

"Os nenos e neneas precisan bosques e os bosques precisan nenos e nenas."

Os maiores tamén van á escola

Os nosos maiores do centro de día de Guitiriz trouxeron a súa sabedoría ao colexio de Parga. Logo dunha xornada tan entrañable chea de alegría, cariño, respecto.. só queda agradecerlles a participación e colaboración nesta gran experiencia interxeracional. Agardamos unha nova visita!

8M hoxe e sempre

Por ter os mesmos dereitos, por poder decidir libremente, por recibir un trato equitativo, por ser todos iguais pero ao mesmo tempo diferentes, por ter as mesmas posibilidades, por mellorar a sociedade... 8M

Entroido 2022

Entroido cheo de simbolismo. Queimamos o meco e con el todos os males que trae consigo, para por fin bailar e festexar a verdadeira normalidade.

Premede na imaxe e veredes a gran foliada realizada no noso e voso cole.

Rosalía de Castro 2022

Coa colaboración de todo o alumnado e profesorado, Rosalía de Castro ten un novo recuncho no noso cole. BRAVA!

"Dende aquí vexo un camiño que non sei adonde vai; polo mismo que n'o sei, quixera o poder andar."

Festival de Nadal 2021

Recuperando vellas tradicións, queremos animarvos a ver o que foi un precioso festival de Nadal cheo de alegría, bailes e panxoliñas. Con el despedimos o trimestre para dar comezo a un novo ano cheo de esperanza, desexando que o vindeiro poidamos volver á normalidade.