Visita de David Arcay

O pasado 19 de xuño, recibimos no cole a visita de David Arcay.

David é un xoven apaixoado da pesca, que xa conta no seu palmarés cun Campionato do Mundo en modalidade individual, 3 Campionatos do Mundo en equipo, Campión de España, Subcampión de Europa por equipos...

Premendo na imaxe poderedes ver o vídeo resumo da súa visita...

Break Out Educativo

No 3º trimestre deste curso 2022-2023, dende o centro leváronse a cabo varias actividades, entre elas un par de BreakOut, nos que a través dalgunhas probas traballamos diversos contidos. 

Neste caso, o nome da misión foi "Salvemos as nosas verbas!", para superar a misión o alumnado en grupos tivo que superar diversas probas sobre: Rosalía de Castro, Francisco Fernández del Riego e Cervantes.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo resumo da actividade.

Día do Libro 2023

Celebramos o Día do Libro cun apadriñamento lector (o alumnado de 4º-5º-6º leron libros ao resto de alumnado polas diferentes estancias do centro). Despois fixemos entrega das "Mochilas Viaxeiras" que comezan a súa andaina polos diferentes fogares. 

Pinchade nesta imaxe para ver o vídeo do día.

Visita do Centro de Día

O pasado venres recibimos no noso cole a visita de varios usuarios e usuarias do Centro de Día "Casa Capataz". Foi unha visita moi agradable na que nos ensinaron cousas moi importantes para a vida e nós agasallámolos con poemas, contos e cancións. 

Visita a SOGAMA

O pasado 11 de abril, as alumnas e alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º viaxaron ata Cerceda para recibir unha formación nas instalacións de SOGAMA. Alí xogaron, aprenderon e visitaron as instalacións deste centro de procesamento e reciclaxe de residuos. 

Aquí tendes un vídeo con imaxes do día.

Excursión a Corax Fauna

Para despedir o 2º trimestre do curso, todo o alumnado e profesorado do centro, gozamos dunha magnífica mañá en Corax Fauna (Paderne).

Pasámolo xenial e aprendemos moito!

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.

O Paraugas da Fala

O pasado día 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, por este motivo, dende o Concello de Guitiriz ofrecéronnos a actividade "Paraugas da Fala" para todo o alumnado do centro. 

Deixamos un breve vídeo con algunhas fotos do que fixemos...

O noso horto escolar

O pasado 3 de marzo, todo o alumnado e profesorado do centro inauguramos o noso horto escolar...velaí tendes un vídeo cunhas imaxes do día!

Entroido 2023

Un ano máis o carnaval chegou ao noso colexio. A gran festa dos disfraces non defraudou. Os alumnos e alumnas fixeron as delicias de toda a comunidade coas súas vestimentas, cantos e bailes. Queimado o meco só desexamos que se poña fin a todas as guerras dunha vez por todas e que triunfe a festa e a felicidade no mundo.