Coronavirus COVID-19

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO 

Museo Etnográfico Casa do Patrón

No día de hoxe o cole enteiro foi de excursión ao Museo Etnográfico Casa do Patrón de Lalín. Trátase dun espazo para conservar, dar a coñecer e difundir aqueles signos que axudan a comprender e valorar unha tradición propia.

Visitamos o museo e gozamos da cultura e gastronomía tradicional galega.

Escolarización para o curso 2020/2021

(para visualizar mellor o calendario, pinchade na imaxe )

1. RESERVA DE PRAZAPRAZO PECHADO do 1 ao 17 de febreiro, ambos dous incluídos.

Entroido 2020

Como xa é tradicional, celebramos o entroido enchendo de cor as rúas de Parga. A liña temática dos disfraces este ano foi “tribus urbanas”: en infantil os rapaces e rapazas vestíronse de roqueiros, os de 1º e 2º de primaria convertéronse nuns auténticos hippies, 3º e 4º pasáronse ao punk e os alumnos e alumnas de 5º e 6º transformáronse en góticos.

Dende o colexio queremos dar as grazas ás familias e veciños polo traballo realizado e a boa acollida recibida. Grazas tamén a todos os que nos acompañastes no paseo por Parga.

Mandados do meco

Para ao entroido dar comezo,
seguimos os mandados do meco.
En Parga os nenos e nenas vestidos
van polo colexio tan divertidos.

 

Pequenas artistadas

Entre artistas anda o conto. En Educación Plástica coñecemos curiosidades da cultura internacional.

Véxase esta obra de San Valentín de Piet Mondrian, entre outras moitas.

Pinchando na imaxe poderás acceder ás demais imaxes desta preciosa galería.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, conmemorou o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Todos agarrados da man, berrAmos ao unísono:

"QUE A PAZ SEXA UNHA REALIDADE E NON SÓ UN DESEXO"