Xa é a 3ª edición dos almorzos saudables no noso colexio. A semana do 4 ao 8 de outubro as nenas e nenos do CEIP Santa María do Castro tiveron a oportunidade de disfrutar dun almorzo en toda regla. Houbo froita, zumes, torradas, leite, aceite de oliva, queixo...
Esta actividade é fundamental tendo en conta a porcentaxe que hai en España de nenas e nenos que non almorzan. Tamén está o caso daqueles que almorzan pero de maneira insuficiente; neste caso referímonos á ausencia de lácteos, pan, cereais e froita nesta comida.