Skip to Content

Almorzos saudables

Xa é a 3ª edición dos almorzos saudables no noso colexio. A semana do 4 ao 8 de outubro as nenas e nenos do CEIP Santa María do Castro tiveron a oportunidade de disfrutar dun almorzo en toda regla. Houbo froita, zumes, torradas,  leite, aceite de oliva, queixo...

 

Esta actividade é fundamental tendo en conta a porcentaxe  que hai en España de nenas e nenos que non almorzan. Tamén está o caso daqueles que almorzan pero de maneira insuficiente; neste caso referímonos á ausencia de lácteos, pan, cereais e froita nesta comida.

Segundo diferentes estudios o feito de almorzar de forma adecuada influe positivamente no rendemento escolar. E o que é máis importante, preven a obesidade.

Esta información foi recollida da seguinte páxina que pode ser de gran interese para as familias:

Preme aquí: DESAYUNOS SALUDABLES

Na galería hai fotos da actividade. (Na parte superior da páxina á dereita. Unha vez que abrimos a carpeta, lembrade que pode haber máis dunha páxina con fotos)

 

 

 



  

page | by Dr. Radut