PT (Pedagoxía terapéutica)

APRENDEMOS OS NÚMEROS

APRENDEMOS OS MEROS

Nesta seleción de cadernos poderás traballar cos números:

-Cadernos de grafomotricidade para aprender a escribir os números ata o 10:

https://drive.google.com/open?id=1Mw7oOweeufzbQB6mIak6N447TfZFvUSV

https://drive.google.com/open?id=11flK7Gbje73Ay-VAjaoH8fZHRUImb8ry

 

-Os animais ensínanche os números, e podes colorealos:

https://drive.google.com/file/d/1g07iLnt349zQZ6MujC82czsAd7dMteCi

 

Se queres aprender os números do 1 ao 9 en inglés, os piratas ensínanchos neste cadernos:

https://drive.google.com/file/d/1IsibB6zUzf6jaLypP3UMyobmgQ3G3J3I/

https://drive.google.com/file/d/1my8bRyBWP0TwjXiRWYc_Gnfq0o_GpKba/ Neste, ademais, podes pintalos.

 

Se prefires que sexan os fantasmas os que chos ensinen, preme no debuxo

 

E, agora que xa os coñeces, atrévete a contar e a facer sumas e restas cos números ata o 10

https://drive.google.com/file/d/162T-hUPdRCwSMrQPxQg2RI2RcI4otq61/

 

Uns animaliños moi graciosos ensínanche os números ata o 20:

https://drive.google.com/open?id=1HqqlVORuMSGry2UYriEM5AyK03Ck81W3

https://drive.google.com/file/d/1GGumamns8taZ2mxFxBKLaRGnLGgsXDeX

 

Xa verás que ben o pasas facendo estes crebacabezas. Podes escoller entre unha versión para pintalos ti ou telos xa pintados. Preme no debuxo que prefiras.

 

 E, se non queres empregar papel, preme no debuxo e poderás facer un montón de xogos con estes números. So tes que seleccionar o que máis che guste segundo o que queiras aprender. Hai de todo!

 

COMPRENSIÓN LECTORA

Nos ficheiros adxuntos hai dous cadernos de fichas para traballar a comprensión lectora:

-Lecturas comprensivas 1. Textos moi curtos, para iniciación á comprensión lectora.

-Lecturas comprensivas 2. Con textos máis longos que o anterior, para ir perfeccionando a comprensión lectora.

Podedes imprimir as fichas e facelas ou, aínda mellor:

1º - Lemos o texto da lectura.

2º - Copiamos a lectura no noso caderno.

3º - Copiamos no caderno as preguntas que nos fan e contestámolas.

 

FICHAS DE LECTOESCRITURA

 

 

Premendo sobre as imaxes accedes a un caderno con fichas de lectoescritura moi doadas de facer. Podes telas en castelán ou en galego, como prefiras.

 

 

 

-

XOGANDO COAS LETRAS

Preme sobre os debuxos e accederás a un montón de xogos para traballar as letras, as sílabas e as frases.

(Tes que ter activado Adobe Flash Player no teu navegador para poderes xogar)

 

ESCRIBIMOS AS LETRAS

Con este xogo poderás practicar o trazo das letras. É moi doado.

http://www.genmagic.net/lengua5/plletres3c.swf

Se prefires traballar sobre o papel, preme no seguinte debuxo e poderás baixar un caderno es varias fichas para traballar a caligrafía.

LECTURA DE SÍLABAS E PALABRAS

LECTURA DE SÍLABAS E PALABRAS

Con estes xogos podedes traballar coas sílabas e coas palabras.

-Sílabas e palabras coas letras P, M, L, S

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lectura1/lectura1.html

-Sílabas e palabras coas letras T, D, N, F

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lectura2/lectura2.html

-Sílabas e palabras coas letras R, H, C/QU, G

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lectura3/lectura3.html

-Sílabas e palabras coas letras B, V, C/Z, G/J

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lectura4/lectura4.html

-Sílabas e palabras coas letras  LL, Ñ, Y, CH

http://www.chiscos.net/xestor/chs/limfleming/lectura5/lectura5.html

 (Para poder xogar, tes que permitir no teu navegador o Adobe Flash Player)

TANGRAM

TANGRAM

Hoxe imos xogar co Tangram, un crebacabezas chinés. Seguro  que o coñecedes.

Descargade o arquivo tangram.zip adxunto, descomprimídeo nunha carpeta e executade tangram.exe, escollede a figura e...A XOGAR!. As normas son moi doadas:

Premendo sobre unha figura co botón esquerdo do rato, seleccionámola e movémola.

Tendo unha figura seleccionada, se prememos o botón dereito do rato podemos rotala.

 

 

Se preferides facelo en papel, premede neste avión e levaravos voando a un caderno no que atoparedes as plantillas para recortar o voso propio tangram e un montón de figuras para facer con el.

 

 

 

 

E, se queredes xogar desde unha tablet ou móbil -con sistema Android-, podedes probar con algunha destas apps que atoparedes  no Google Play Store. Todas son gratuítas, aínda que algunhas inclúen publicidade se xogades coa WIFI activada.

TRABALLANDO CON NÚMEROS

-Se che gustan os dinosauros e sabes contar ata 100, proba a facer os nove dinosauros que hai no caderniño que che deixo aquí.

https://drive.google.com/open?id=1Xyrh_Ovi2fuHGHDA3YJRIZZTSrTOo8uq

-Ao mellor prefires practicar a descomposición de cifras en centenas, decenas e unidades. tamén hai un caderniño para iso.

https://drive.google.com/open?id=1hlXTPAsxsJR4bpumhx2F5h5miVMrmlR_

-E, ¿como andamos de cartos?. Practica a contar moedas co caderno que che deixo.

https://drive.google.com/open?id=1iAqqD1sdzII1JSk3zbHh5Nn-iS9ySxnp

-Se o teu son as multiplicacións, aquí tes catro cadernoos para:

            -Multiplicar por unha cifra. Así repasas as táboas, que tan necesarias son.

https://drive.google.com/open?id=1en-pWaTRLipkfeZy7BxJEkAgU7pNVdwf

            -Multiplicar por dúas cífras.

https://drive.google.com/open?id=1VL3k2zxpUUincUm_EkCbhhgscoR3suYM

            -Multiplicacións deconstruídas, como o que fai o Ferrán Adriá coa tortilla. Isto xa é de nivel, non che vou mentir, pero é moi doado. Só tes que fixarte no primeiro exemplo de cada caderniño e axiña irán todas. Lembra o da descomposición en centenas, decenas e unidades.

https://drive.google.com/open?id=1oY7_HKx2ouznZP6eUixe0pmBEmseB-fO

https://drive.google.com/open?id=1bqAtYs8mioc0Pg1caE_qfajGifMf1gLE

-E isto xa vale para toda a familia, colle as tesouras e... BINGO!. Cos números ata o 100. 44 cartóns para xogar ao bingo (páxinas 1 a 22 do caderniño) e cen fichas de números, que terás que recortar para formar unha baralla.

https://drive.google.com/open?id=1OptYz7Uy4cJPkXePYxeS1sMR-AocABlb

 

Distribuir contido