R/ Santa Irene SN CP 15970 Porto do Son Tf. 881 866 854 E-mail ceip.santairene@edu.xunta.es Código centro 15013977

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Estimadas familias.

No día de hoxe fixemos entrega á Asociación LOA dos alimentos recollidos nesta campaña, coa axuda do Concello que se encargou de transportalos.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

CORREOS ELECTRÓNICOS POR TITORÍAS/ESPECIALISTAS

CORREOS ELECTRÓNICOS POR TITORÍAS/ESPECIALISTAS

Estimadas familias:


A comunicación cos titores e especialistas realizarase preferiblente de xeito telemático. No pdf adxunto atópase a relación dos correos electrónicos a empregar para comunicarse con cada titor/a ou especialista.


Quedamos deste xeito á vosa disposición para atender titorías (luns de 16.00 a 17.00) ou aclarar calquera dúbida .

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19. CURSO 2021-2022.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19. CURSO 2021-2022.

Estimadas familias:

No arquivo adxunto pode consultarse o Plan de Adaptación á situación COVID 19 para o curso 2021-2022.

PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

No arquivo adxunto poden consultar o PLAN DE CONTINXENCIA  do noso centro para o curso 2021-2022.

PLAN DE ACOLLIDA. CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Premendo no pdf adxunto podedes consutlar o PROGRAMA DE ACOLLIDA do centro.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS. CURSO 2021-2022

Estimadas familias.

Co fin de garantir un entorno seguro para toda a Comunidade Educativa, imos adiantar unha serie de normas de obrigado cumprimento.

CANDO COMEZA O COLE?

Día 10 de setembro de 2021, para todos os cursos.

 

HORARIOS DE ENTRADAS E NORMAS:

INFANTIL: O alumnado de infantil pode acceder ao centro acompañado dun adulto.

A entrada realizarase de xeito escalonado ás 8.35 infantil 5 anos,ás 8.40 infantil 4 anos e ás 8.45 infantil 3 anos, pola porta principal e neno/a e adulto agardarán nos espazos delimitados no patio cuberto para tal fin.

PRIMARIA: Todo o alumnado de primaria accederá ao centro polo portalón grande.

Abriranse as portas de 8.30h a 8.45h. Non poden entrar acompañados nin quedar no patio.

1º e 2º de primaria accederán ao interior pola porta lateral e irán directos a súa aula.

3º,4º,5º e 6º de primaria accederán ao interior do edificio pola rampla da porta principal( logo de atravesar o patio) e irán directos a súa aula.

ALUMNADO TRANSPORTADO: Accederán ao centro pola porta principal seguindo o camiño amarelo e irán directos a súa aula, agás infantil que agardará na biblioteca coa mestra de garda.

 

HORARIOS DE SAÍDA E NORMAS:

INFANTIL:Sairán pola porta principal. Saída escalonada: Ás 13.30-3 anos.  Ás 13.35-4 anos.  Ás 13.40- 5 anos.

Só pode entrar a recoller un adulto por neno/a, que agardará no espazo delimitado no patio cuberto ata que a titora entregue ao neno/a,momento no que deben abandoar o centro.

No caso de ter que recoller a máis de un alumno/a só se pode esperar dentro se pertenze á quenda inmediatamente posterior, no caso contrario haberá que salir e volver a entrar cando corresponda.

PRIMARIA: Sairán polo portalón lateral. NON ESTÁ PERMITIDA A ENTRADA DE PAIS/NAIS AO CENTRO POLO QUE ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE.

Saída escalonada: 1º e 2º-13.35.  3º e 4º-13.40.  5º e 6º- 13.45.

ALUMNADO TRANSPORTADO: Sairán co mesmo horario que o resto de primaria pola porta principal seguindo o camiño amarelo, agás infantil que agardará coa mestra de garda na biblioteca ata ás 13.45 que realizará a saída.

USO DE MÁSCARA:

A máscara é obrigatoria para todos os membros da Comunidade Educativa a partir do momento no que cumplan os SEIS anos.

Todo o alumnado traerá un estoxo cunha máscara de reposto. Neste caso tamén teñen a obriga os alumnos/as de infantil usuarios de transporte, xa que sin ela non poderán acceder ao autobús.

COMO ME COMUNICO CO CENTRO?

Podedes comunicarvos vía telefónica 881866854 ou vía email ceip.santairene@edu.xunta.gal.

Se precisades ser atendidos presencialmente tedes que solicitar unha cita previa.

OUTRAS MEDIDAS IMPORTANTES:

*A Consellería de Educación establece no seu protocolo a obriga de realizar unha autoenquisa diaria antes de sair da casa.

*Se os vosos fillos/as presentan algún dos seguintes síntomas, NON PODERÁN ACUDIR AO COLEXIO: Febre de máis de 37.5 graos, tose seca, dificultade respiratoria,fatiga severa, dor muscular,falta de olfacto,falta de gusto ou diarrea.

*Tódalas familias deberán asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.

* Non se permite ás familias a entrada no centro agás nos casos de forza maior ou debidamente xustificados.

* Se tedes calquera dúbida, estamos á vosa disposición para aclarala( lembrade: vía telefónica, email ou cita previa)

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. UN SAÚDO E MOITA SAÚDE. 

A DIRECCIÓN.

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

NO ARQUIVO ADXUNTO APARECEN OS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

FELIZ VERÁN

FELIZ VERÁN

O claustro do C.E.I.P. Santa Irene quere dar as grazas ás familias que nos deixan para seguir medrando noutros centros, especialmente aquelas que, dunha ou outra maneira, sempre tiveron tempo para colaborar connosco dunha maneira altruista.

Queremos dar as grazas tamén ás familias que mostraron a súa comprensión ante a situación anómala deste curso e que fixeron un esforzo por un bo desenvolvemento da actividade escolar.

Parabéns a todo o alumnado!

FELIZ VERÁN A TODOS!

 

 

orla 6º 2020-2021

ORLA 6º CURSO

2020-2021

 

VACACIÓNS DE NADAL

Estimadas familias:

O claustro do C.E.I.P. Santa Irene deséxavos unhas felices festas e un próspero  ano 2021.

Retomaremos a actividade lectiva o venres, 8 de xaneiro de 2021.

Recibide un cordial e afectuoso saúdo.

 

Distribuir contido