INFORMACIÓNS COMEZO DE CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

O xoves, día 8 de setembro, comeza o curso 2022-2023.

Este ano, o curso comeza con total normalidade e retomamos o horario do centro.

Entrada ás 8:45, saída ás 13:45, pola porta principal.

Abriranse as portas dez minutos antes para que o alumnado se sitúe nas filas correspondentes, marcadas con número por curso (Educación Infantil na rampla de entrada). O alumnado transportado entrará directamente ao centro. Para o alumnado restante, serán responsables do mesmo ata o momento da entrada no centro os adultos que os acompañen.

Bo inicio de curso.

Un saúdo.

A DIRECCIÓN