FOTOGRAFÍA O OUTONO

golden forest

Estimadas familias, 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) solicitamos a vosa colaboración no proxecto “FOTOGRAFÍA O OUTONO”. 

Este proxecto consiste en facer unha fotografía que represente o outono acompañada dun pequeno título que a describa. 

O título ten que estar escrito en galego

Unha vez teñades a fotografía do voso outono deberedes de enviala a este correo electrónico indicando, no corpo do correo, o título e mais o nome do alumno/a e curso: ingles1santairene@gmail.com 

Todas as fotografías recibidas formarán parte dunha composición audiovisual que estará visible na páxina web do colexio. 

Data límite de entrega das fotografías:domingo, 22 de novembro, 2020.

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega