PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Xa poden consultar a listaxe definitiva de fondo libros. Os medios para facelo son os seguintes:

  • Enviando un correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Chamando por teléfono ao 881880654 (de luns a venres, de 10.00 a 11.00 horas)
  • Acudindo ao centro, con cita previa (de luns a venres, de 10.00 a 11.00 horas)
  • A través da aplicación fondo libros, no menú Cidadáns. Para iso deberán dispor da chave 365 ou co certificado dixital emitido pola FNMT. Poden consultar as instrucións desta aplicación premendo aquí

A recollida de vales, tanto para libros como para material, realizarase desde o día 21 ao 31 de xullo, ambos inclusive. O mércores 29 de xullo o centro permanecerá pechado.

Premer aquí para consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Xa poden consultar a listaxe provisional de fondo libros. Os medios para facelo son os seguintes:

  • Enviando un correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Chamando por teléfono ao 881880654 (en horario de 10.00 a 11.00 horas)
  • Acudindo ao centro, con cita previa (en horario de 10.00 a 11.00 horas)
  • A través da aplicación fondo libros, no menú "Cidadáns". Para iso deberán contar coa chave 365 ou co certificado dixital emitido pola FNMT. Poden consultar as instrucións desta aplicación pinchando aquí

A listaxe definitiva será publicada o 20 de xullo.

A recollida de vales, tanto para libros como para material, realizarase desde o día 21 ao 31 de xullo, ambos inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Hoxe, 09 de xullo de 2020, saíu publicada no DOG a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

No segundo ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se prolongará máis alá do día 30 de setembro de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS DE PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL/DEFINITIVA FONDO LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

O próximo 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de fondo libros e material de Educación Primaria para o próximo curso.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 20 de xullo. Os vales, tanto para libros como para material, haberá que recollelos no centro do 21 ao 31 de xullo.

Para consultar as listaxes, tanto provisionais como definitivas, poderán chamar ao centro (Teléfono: 881880654) ou enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal ou acudir ao colexio en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de admisión para o curso 2020/2021 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Nos próximos días avisaremos ás familias para proceder coa formalización da matrícula.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEDOR 2020/2021

Estimadas familias: 

Segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para poder ser usuario deste servizo, haberá que entregar o modelo de autodeclaración antes do día 11 de setembro de 2020.

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta instrución debidamente cuberto, e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais. O prazo para entregar a documentación será desde o 22 de xuño ata o 10 de setembro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN DE NOTAS

Estimadas familias:

A publicación de notas do alumnado de educación infantil da terceira avaliación, ao igual que se fixo para a segunda avaliación, estará dispoñible desde o 19 de xuño a través da aplicación "abalarMóbil" da Xunta de Galicia.

A publicación de notas do alumnado de educación primaria da avaliación ordinaria, ao igual que se fixo para a segunda avaliación, estará dispoñible desde o 19 de xuño a través da aplicación "abalarMóbil" da Xunta de Galicia.

 

Atentamente.

O EQUIPO DIRECTIVO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe de admisión provisional de alumnado para o curso 2020/2021 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro, e tamén a través da aplicación Admisiónalumnado, para o que será preciso identificarse coa chave 365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI PROVISIONALMENTE ADMITIDO.

A listaxe definitiva publicarase o 25 de xuño de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

REPARTO DE ALIMENTOS DO COMEDOR DO CENTRO

Estimadas familias:

Atopámonos na situación de que no presente curso 2019/2020 non se reiniciará o servizo de comedor, polo que se tomou a decisión de repartir aqueles alimentos existentes nas dependencias do comedor entre as familias da nosa comunidade educativa.

O día no que se poderá recoller tales alimentos será unicamente mañá, 02 de xuño, de 10.00 a 13.20 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO - IMPRESOS DE COMEDOR

Estimadas familias:

Segundo a Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Polo tanto, desde o día 25 de maio, xa se pode solicitar cita para vir recoller este material.

Con respecto aos impresos de comedor correspondentes ao mes de marzo, xa están dispoñibles para a súa recollida no centro. Tamén se pode facer entrega dos impresos pagados correspondentes a meses anteriores.

Para estes efectos, a dirección do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, atenderá as correspondentes peticións con cita previa, chamando ao 881880654, co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de prevención.

O horario do centro será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet