Skip to Content

Toponimia local

Proxecto de recuperación da toponimia local

Sabías que en Galicia hai 31.855 entidades de poboación cadansúa co seu nome?

 

Que é a toponimia?

A toponimia é unha rama da filoloxía e da onomástica que estuda a orixe dos nomes e dos lugares. O seu obxecto é determinar a súa forma correcta e de que lingua proceden para coñecer as capas de poboación que nos precederon na antigüidade.

Para facelo apóiase noutras disciplinas, como a lingüística e a dialectoloxía, pero tamén na etnografía, na arqueoloxía e na historia.

A toponimia maior é a que estuda os nomes de cidades, vilas, ríos, montes e nomes de importancia xeral.

A toponimia menor estuda os nomes das parroquias: barrios, lugares, montes, ríos,...

A microtoponimia é a que estuda os nomes das fincas, tomadas, camiños, carreiros,... e lugares menos coñecidos.

Fai clic no mapa para coñeceres a toponimia da parroquia de Darbo
Distribuir contido


by Dr. Radut