Chegada ao centro:
LiñaEmpresa |
Percorrido |
|
Liña 1 Monbús |
||
Liña 2 Monbús |
||
Liña 3 Cerqueiro |
Saída do centro:
Hora |
Empresa |
Percorrido |
14:25 Saída clases |
Monbús | Liña 2, Liña 1 e Liña 3, conxuntamente e nesa orde. |
15:25 Saída comedor |
Monbús | Liña 2 e Liña 1, conxuntamente e por esa orde. |
Cerqueiro | Liña 3 | |
Acompañante no transporte escolar
Son funcións do/a acompañante as seguintes:
- Coidar da seguridade dos menores durante o transporte e procurar que non se produzan altercados durante as viaxes.
- Encargarse da recollida e acompañamento do alumnado durante o seu transporte, así como das operacións de acceso e abandono do vehículo.
- Comunicar á Consellería de Educ. e Orden. Univ. calquera incidencia que atinxa ao alumnado durante o transporte ou nos momentos de acceso e abandono do vehículo.
- Coñecer o funcionamento dos mecanismos de seguridade do vehículo.
- Coordinar as operacións de evacuación do vehículo e atención aos feridos, no seu caso, cando se produzan avarías ou accidentes de circulación.
- Aceptar o control e inspección da Consellería de Educ. e Orden. Univers. sobre o servizo de acompañante levado a cabo nos seus autocares.
Medidas de seguridade para o alumnado:
Na parada
- Chega á parada con tempo suficiente.
- Se tes que cruzar a rúa faino sempre por diante do autobús e mira antes de cruzar: primeiro á esquerda, despois á dereita e novamente á esquerda (os coches veñen sempre pola esquerda).
- Ao cruzar, asegúrate de que o condutor pode verte e que ti podes ver ao condutor.
- Obedece sempre as súas indicacións.
- Non xogues a xogos nos que teñas que correr ou esconderte: podes tropezar ou saír á calzada sen querer.
Ao subir ao autobús:
- Cando se achegue o autobús mantente alonxado e deixa que se aproxime para que non teñas que baixar da beirarrúa.
- Espera a que o autobús se pare, a que se abra a porta e a que a persoa acompañante te indique que entres.
- Se che cae algo preto do autobús dillo ao condutor ou acompañante.
- Ten unha boa conduta no autobús: non grites, respecta aos compañeiros/as e permanece entado/a.
- Coida os asentos e o resto do material do autobús.
Ao baixar do autobús:
- Espera a que o autobús estea completamente parado.
- Baixa con precaución, sen présas e sen empurrar.
- Usa a varanda das escaleiras.
- Asegúrate que non levas nada que poida engancharse na varanda ou na porta.
- Se tes que cruzar faino por diante do autobús.
- Cando chegues ao colexio, entra no recinto escolar e non saias sen permiso.