Skip to Content

Menús, Documentación relacionada, Espazo (Salón comedor e cociña), Nutrición

Proxecto alimentación saudable

O noso alumnado de Ed. Primaria participa nunhas sesións formativas, que se distribuirán ao longo do curso, impartidas por o nutricionista Javier Rouco, nas cales se tratarán aspectos moi importantes para levar a cabo unha alimentación sa e saudable.

Contidos das sesións formativas(iNFORMACIÓN PREMENDO ENRIBA):

1ª CHARLA

2ª CHARLA

3ª CHARLA

 

Neste ENLACE poderedes atopar o sitio web de referencia creado polos nutricionistas que interveñen non programa.

Alimentación saudable

É un reto nas sociedades actuais a promoción da saúde e da calidade de vida, aspecto que ocupa e preocupa a un número moi importante de cidadáns. A escola como reflexo da sociedade, terá que afrontar este reto con rigor e recursos baseándose na evidencia científica e nos valores e determinantes da saúde poboacional. Numerosos estudos ben documentados conclúen que os hábitos que  repercuten de xeito negativo na saúde e na calidade de vida poboacional poden mudar se dende as institucións e administracións se toma partido de xeito decidido.
Unha actividade física regular para combater o sedentarismo, unha alimentación saudable baseada en produtos naturais, non procesados e libres de graxas saturadas, unha dieta a base de produtos de proximidade con unha baixa pegada carbónica, un uso responsable de empaquetados e embalaxes reciclables, utilizables e libres de plásticos, redundarán nunha perspectiva de cambio e mellora tanto da contorna natural como da saúde poboacional en xeral.
Dende os centros educativos non debemos dar as costas ante esta realidade e afrontar esta eiva como un reto propio que implique ás nosas comunidades educativas. O poder transformador que teñen os centros educativos  é unha ferramenta indisociable da sociedade, polo tanto deberemos tomar partido e actuar en beneficio do noso alumnado e da sociedade en xeral.

Neste curso académico afrontamos o reto de participar nun proxecto para traballar este tipo necesidades.

Os obxectivos son:

1.- Aumento do consumo de froitas e verduras.
2.- Diminuír o consumo de bebidas azucaradas.
3.- Diminuír o consumo de graxas saturadas (doces industriais e
petiscos).
4.- Concienciar ao alumnado da importancia dun almorzo e merenda sa e
completa.
5.- Restablecer a merenda e o almorzo como unha necesidade na
infancia.
6.- Incrementar o nivel de actividade física diaria no alumnado.
7.- Recoñecer e consumir produtos naturais de tempada e de cerecanía

Instalacións do comedor escolar

Xustificación de ausencias d@s usuari@s de pago

Usuari@s de pago.

Os usuari@s que teñan que pagar taxa polo servizo, deberán entregar na secretaría do centro o seguinte documento asinado cos días que @ nen@ se ausente. Desta forma quedará rexistrada a ausencia e non se cargará o día sinalado no sistema.

Descarga do modelo de xustificación de ausencias d@s usuari@s de pago AQUI

Menú sen porco e derivados

Menú alérxic@s marisco

Menú sen lactosa

Menú celiaquía

Menú xeral

Distribuir contido


by Dr. Radut