En cumprimento da Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto COVID-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021, a dirección deste centro, en coordinación co equipo docente; elaborou e aprobou (provisionalmente; deben ser revisados e aprobados en última instancia pola Inspección Educativa) os horarios de 3º a 6º de primaria que se seguirán no ensino a distancia no caso da suspensión lectiva presencial pola evolución da pandemia COVID-19.
Establécense dous supostos e realízanse dúas propostas diferentes:
Suposto A) Suspensión da actividade lectiva presencial nunha aula ou para un grupo de alumnado dentro dunha aula.
Suposto B) Suspensión da actividade lectiva presencial de todo o alumnado, é dicir, peche do colexio. Os horarios propostos neste caso son máis flexibles e máis concentrados porque o profesorado especialista ten maior disponibilidad horaria para impartir a súa disciplina en todos os niveis.
O/A Orientador/a do centro realizará as súas función dentro do horario habitual de 9:30 a 14:30h, reservando os mércores como día preferente de atención dos Centros Asdscritos.
As reunións de titoría e as comunicacións coas familias faranse preferentemente por teléfono ou videochamada. O horario de titoría é os martes de 16:00 a 17:00h, pero é conveniente solicitar cita previa.
Adxúntase a Documentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Plan de continxencia _II_.pdf | 369.38 KB |
HORARIO SUPOSTO A_Peche dunha aula.pdf | 991.31 KB |
HORARIO SUPOSTO B_Peche de todo o Centro.pdf | 130.92 KB |