Skip to Content

SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23

Aberto o prazo de admisión para novo alumnado para o vindeiro curso 2022/23.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 21 de marzo.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

  • A través da aplicación admisionalumnado usando certificado dixital ou Chave365.
  • Na Secretaría do centro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: Luns 7 de marzo ás 16:30 horas.

 

MODELO DE SOLICITUDE

(Dispoñible nos arquivos adxuntos, na aplicación admisionalumnado ou na Secretaría do centro)

 

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactarnos nos telefonos 982 87 00 85 ou 982 87 00 86.

Tamén no email ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.gal

 

Toda a información nos seguintes arquivos:

 

 

 

INFORMACIÓN DO CENTRO AQUÍ

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2022

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública saca un protocolo para a detección do covid mediante o cribado con test de antíxenos nos centros educativos dirixidos ao alumnado de Ed. Primaria.

Para ver premer AQUÍ.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRIPCIÓN

 Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que pasará ao IES no vindeiro curso 2022/2023.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

 

Para presentar unha solicitude, poderase facer das seguintes maneiras:

 

-  Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberase acceder á aplicación admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Nos arquivos adxuntos atoparedes un manual para as familias.

 

- Cubrir a solicitude informaticamente na aplicación admisionalumnado e presentala asinada de xeito manual na Secretaría do centro.

 

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Secretaría do centro. Podedes descargar o impreso ED550A nos arquivos adxuntos.

 

Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 982 87 00 85.

 

NOVO MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR

"RUMBO AO MAR"

 

 

Neste curso 2021/2022 estaremos inmersos nun proxecto que leva o nome “Rumbo ao mar”, o cal será o fío

condutor de gran parte da estrutura pedagóxica que sustentará os contidos curriculares ata fin de curso.

Por trimestres a temática concretarase do seguinte xeito:

- 1º trimestre: “Un mar de vida” (biodiversidade e organismos mariños)

- 2º trimestre: “Un mar xeneroso” (Aportacións do mar, o mar como medio de vida, profesións,...)

- 3ºtrimestre: ”Un mar limpo” (ecoloxía e sostibilidade do medio mariño)

Gran parte das actividades complementarias e extraescolares organizadas polo centro serán acordes a esta

temática

 

 

NOVAS COMEDOR ESCOLAR E MENÚS

Neste novo curso, logo das obras de renovación do espazo do comedor escolar e cociña, estreamos o servizo con moita ilusión. Iremos na procura dunha dieta saudable(produtos naturais e libres de graxas e a azucres), e de proporcionar un espazo o máis agradable posible para que o noso alumnado disfrute deste tempo de xantar, o cal terá o mesmo compoñente educativo co resto da xornada lectiva.

Achegamos algunhas fotos que confirman a remodelación do espazo.

 

 

 

 

Achegamos tamén o menú para este curso

 Para mellor visualización Preme aquí

 

Usuari@s de pago.

Os usuari@s que teñan que pagar taxa polo servizo, deberán entregar na secretaría do centro o seguinte documento asinado cos días que @ nen@ se ausente. Desta forma quedará rexistrada a ausencia e non se cargará o día sinalado no sistema.

Modelo ausencias

 

Distribuir contido


by Dr. Radut