Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

A totalidade do alumnado que presentou neste centro solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar obtivo praza.

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo de 2020.

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS DE PRIMARIA (COVID19)

Boas prácticas en internet

Neste cartaz facémosvos unhas recomendacións para utilizar internet de forma segura.

MOI IMPORTANTE!!!!

 

Para agrandar premer en "adxunto"

MATRÍCULA CURSO 2020-2021. REANUDACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Dende o día 11 ao 18 de MAIO de 2020 (ambos inclusive) atópase de novo aberto o prazo de admisión de novos alumnos/as neste centro para o curso 2020-2021.

IMPORTANTE: Tarefas escolares 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

Cada luns publicaremos na AULA VIRTUAL de cada curso a proposta de actividades para toda a semana. Incluirá fichas imprimibles e actividades interactivas.  O alumnado que non poida imprimir as fichas pode solicitar ao Concello de Barreiros a súa impresión e distribución chamando ao teléfono 666875946 ou enviando un correo electrónico a cemitbarreiros@gmail.com

Celebración do Día Mundial do Libro

Envía a túa foto con NOME e CURSO a biblio.donadisparate@gmail.com

Novas actividades para 4º de Primaria (14-4-2020)

Envío un PDF, elaborado por Andrea Díaz, para repaso de unidades de tempo que tamén podedes complementar con algún xogo e actividade no ENLACE que tamén nos enviou. Todo esto é para ir facendo ó longo desta semana, mentres esperamos órdenes da Consellería sobre como se vai organizar o último trimestre.

Titorial para conectar a internet calquer dispositivo (PC ou tablet) á conexión de datos do teléfono móbil.

Si tedes dúbidas para conectar unha tablet ou un ordenador portátil(PC) a internet a través do voso teléfono móbil (se non tedes wifi ou conexión a internet na vosa casa), podedes botarlle un ollo a este vídeo no que un compañeiro do CRA Villayón (Asturias) no lo explica de xeito moi gráfico. Gracias polo vídeo.

Preme  aquí para ver o vídeo.

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

O venres 3 de abril, ás 12:00 h., publicaranse as notas da 2ª avaliación. Poderanse consultar na aplicación AbalarMóbil.

Se algunha familia ten dificultades para instalar AbalarMóbil debe mandar un correo electrónico a ceip.sanmiguel.reinante@edu.xunta.es solicitando que se lle envíe o boletín en PDF. En caso de dúbida podedes chamar ao teléfono 982 87 00 85 de 10:00 a 16:00 h.

Actividades de Ciencias Sociais para 4º (1-4-2020)

Envío outro PDF con algunhas actividades de Ciencias Sociais para os nenos e nenas que quiran facelo.

-Teresa-

Distribuir contido


by Dr. Radut