Skip to Content
CEIP SAN COSME
r/Covas, 96
27790- San Cosme de Barreiros
Tlf: 982 87 00 81
ceip.sancosme@edu.xunta.gal                      


 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, pasamos a publicar nesta WEB as adaptacións elaboradas polo equipo de mestres. Pinchando no enlace podedes consultalas.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E PARA MATERIAL

 


 

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

 

Aplicación informática na web da Consellería: FONDOLIBROS

 

Fondo solidario: Alumnado matriculado no curso 2020/21 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Axudas para libros de texto: O alumnado matriculado no curso 2020/21 en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para material escolar (50€): O alumnado matriculado en educación primaria.

 

O cálculo da renda per cápita farase sumando as casillas 435+460  da renda do exercicio 2018 e dividindo entre o número de membros da unidade familiar. 

Os rangos van entre 6.000€ e 10.000€

Os vales teñen un valor de 140€ e 210€ en función do cálculo.

A presentación de solicitudes farase preferentemente por vía telemática, a través da sede electrónica  https://sede.xunta.gal

A presentación presencial farase solicitando cita previa no teléfono 982870081. Os anexos poden descargarse pinchando aquí:

ANEXOS

 

SAÍDA Á CORUÑA

O venres 25 de outubro faremos a primeira saída do curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut