Skip to Content
CEIP SAN COSME
r/Covas, 96
27790- San Cosme de Barreiros
Tlf: 982 87 00 81
ceip.sancosme@edu.xunta.gal                      


 

RESUMO

No seguinte vídeo atoparedes un resumo das cuestións tratadas na reunión do martes.

RESUMO

LISTADO DE LIBROS 21-22

Consulta aquí o LISTADO DE LIBROS para o vindeiro CURSO 21-22

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Infórmase que saiu publicada no DOG a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 20-21 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 €(para material escolar). A renda será a do exercicio 2019.

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferentemente por vía telemática nos seguintes enderezos: 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ 

 https://sede.xunta.gal

 

CURSOS AFECTADOS:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
  •  Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria.
  • O alumnado matriculado nos cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL, 5º e 6º EP) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde. 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2021 tanto na sede electrónica como na Dirección do centro.

IMPORTANTE: a solicitude tense que facer neste centro aínda que se teña feita a solicitude de traslado.

 

AXUDAS MÁSCARAS

O día 13 de novembro publicouse no DOG  a Orde do seis de novembro de 2020 para o reparto de máscaras destinadas ao alumnado de E. Primaria.

O alumnado que solicitou a axuda para material e lle foi concedida non ten que efectuar a solicitude. As máscaras entregaránselle o día que se faga o reparto. Se algunha familia cre que cumpre o requisito e non foi beneficiario do anteriormente citado terá que cumprimentar o formulario que se inclúe no enlace(renda per cápita inferior a 6.000 euros). O prazo irá do 16 ao 27 de novembro.

CONVOCATORIA

 

MATERIAIS POR CURSOS

Nos seguintes enlaces podedes consultar os materiais necesarios para cada curso.

EDUCACIÓN INFANTIL

1º E 2º

3º E 4º

5º E 6º

VOLTA ÁS AULAS

O xoves iniciamos un novo curso dun xeito escalonado. 

* 4º, 5º de EDUCACIÓN INFANTIL e 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA comezarán o día 10 no horario habitual.

* 6º de EDUCACIÓN INFANTIL e 4º,5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA incorporaranse o día 11.

ÁNIMO, AGARDÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut