Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Infantil

Roscas de Pascua

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron roscas de Pascua para rematar o trimestre.

 

Horto

Durante as últimas semanas, os nenos e nenas de Educación Infantil encargáronse dos traballos do horto.

 

Vexo, veo Xacobeo 2023/2024

Durante este segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil estivo a realizar diversas actividades dentro do programa Vexo, veo Xacobeo do Plan Proxecta co obxectivo de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e traballar estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

Deixámosvos algunha imaxes da realización de diversas actividades así como un vídeo da elaboración da Torta de Santiago.

 

 

Saída pola contorna do centro

Pola Candeloria medio inverno vai fóra! Así que comezamos a semana, aproveitando para visitar a fermosa fraga que arrodea a nosa fermosa escola. Esta andaina foi toda unha aventura para os máis cativos da escola, que acompañados do grupo de 6° de Educación Primaria, percorreron as distintas sendas, escalando, atravesando regatos; mentres observaban a flora e a fauna do lugar.

San Clemente é natureza, aprendizaxe e diversión.

Rosalía brillando na escuridade 2024

 #oamordapatriagalega.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria prepararon un Podcast que recolle un repaso pola sua biografía e obra e o acompaña un recitado de poema extraído de "As de Cantar" de "Cantares Gallegos".Agardamos que desfrutedes con este contido que ten por obxecto dar a coñecer a vida e obra da autora.

 

 

A Continuación, o alumnado de 2º e 3º ciclo fixo un recitado conxunto do Poema "Adiós Ríos, Adiós Fontes" da Autora, na Biblioteca Escolar para todo o alumnado do centro.

 

Novembro: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

O alumnado de Educación Infantil fomos á biblioteca clementina para facer un obradoiro de experimentos! Primeiro, realizamos o "Fluído non Newtoniano" que consiste en mesturar fariña de millo con auga para xerar o fluído chamado "non Newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión comportase como un sólido mentres se lle aplicamos pouca, coma un líquido.
Despois experimentamos coas luces e coas cores. Precisamos uns botes de cristal, colorante de cores, auga, unha lanterna e escuridade. Desta forma a luz atravesa o vidro transparente proxectando as cores que contén. É así como conseguimos luces de cores!!

                          

Instalación de outono

Para adentrarnos no outono, fixemos unha saída pola nosa contorna máis próxima na que aproveitamos para recolectar diferentes produtos do outono como castañas, landras, follas de diferentes árbores, piñas... Todo isto utilizámolo para facer unha instalación xunto con outros produtos aportados polas familias.

As instalacións constitúen espazos de experimentación no que os nenos e nenas, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, van construíndo os seus propios coñecementos. As mestras preparamos o espazo previamente con diferentes produtos para que elas e eles poidesen experimentar dun xeito libre.

 

Ciencia na Escola 2023

Coa celebración da Semana da Ciencia, en Caldas de Reis, o alumnado de Educación Infantil recibiu unhas sesións de experimentos moi orixinais na nosa escola.

Ciencia na Escola 2023 de Biblioteca San Clemente

Xincana pola Igualdade (23 xaneiro)

O alumnado de 5 anos participaron na Xincana pola igualdade organizada polo Concello de Caldas de Reis.

 

Xincana pola Igualdade 2023 de Biblioteca San Clemente