Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Avaliación Diagnóstica 4º EP

Prezadas familias:

 Os procesos de avaliación no sistema educativo son unha ferramenta imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados.

 A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Ademais, o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia determina nos artigos 27 e 23, respectivamente, a realización deste proceso avaliativo.

 Neste curso 2023-2024 é cando comeza a implantación da avaliación de diagnóstico que abarcará as competencias matemática e lingüísticas: en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira.

Compre destacar que non é unha avaliación de individuos, non vai a existir ningún dato ou informe con cada alumno/a en particular. É unha avaliación do sistema.

As probas foron realizadas cun deseño rigoroso, polo que se adoptarán unha serie de medidas de organización para que os datos teñan a necesaria validez.  De todos modos, tede a tranquilidade que dende o centro se promoverá que o alumnado entenda estas actividades como unha oportunidade máis de aprendizaxe. 

 Igualmente, pediremos a vosa colaboración para cubrir uns cuestionarios de contexto; tal e como se indica na RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico. E antes de rematar o curso confiamos en ter os resultados para informarvos nunha xuntanza das conclusións e balance desta avaliación.

 Calquera dúbida que teñades se atenderá dende a comisión de coordinación da avaliación de diagnóstica, formado pola dirección, xefatura de estudos e titora de 3º, así como a xefa do departamento de orientación. Tamén achegamos un par de documentos anexos que vos poden resultar de utilidade.

- Preguntas Frecuentes

 - Información Familias

- Resolución do 14 de Febreiro de 2024, pola que se ditan as instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico.

 

Recibide un cordial saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración,

O equipo directivo.