Skip to Content

Actividades

CPInnova EDUSAÚDE

O CEIP Roxos foi seleccionado para participar na iniciativa de Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24.  Esta iniciativa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, cun enfoque innovador, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

Particípase na modalidade 3. O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables (EDUsaúde): O benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Dispor dunha información fundada sobre a saúde permite, ademais, contar cun xuízo válido para tomar decisións responsables sobre o coidado da propia saúde, a prevención de enfermidades ou a mellora da calidade de vida. Os centros educativos son institucións vitais para contribuír ao benestar físico e alimentario, polo que cómpre impulsar tanto a actividade física como os hábitos alimentarios ligados a unha vida saudable para que poidan ser mantidos ao longo da vida

Descrición da modalidade: Conxunto de actividades, medidas organizativas e/ou metodolóxicas deseñadas para o fomento dos hábitos de vida saudables do alumnado durante o horario lectivo. Con esta modalidade preténdese, por unha banda, que o alumnado adquira hábitos alimenticios saudables e, por outra, que incremente a actividade física efectiva desenvolvida ao longo do día, dentro do horario lectivo. Todo elo, máis alá das áreas, materias ou módulos específicos.

Obxectivos: a) Adquirir, por parte do alumnado, hábitos alimentarios saudables. b) Procurar un entorno alimentario saudable dentro do centro docente que promova e facilite unha dieta diversificada, equilibrada e sa. c) Orientar ás familias na selección de alimentos saudables para o consumo do d) Incentivar a adquisición autónoma de produtos alimenticios saudables, promovendo unha selección informada dos mesmos. e) Incrementar a actividade física efectiva diaria do alumnado ao longo do horario lectivo. f) Implantar estratexias e metodoloxías de aprendizaxe que permita a coexistencia da práctica de actividade física co normal desenvolvemento das sesións lectivas. g) Favorecer e promocionar a práctica de actividade física nos períodos de lecer, dentro e fóra do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut