Skip to Content

Actividades

Día Paz

Actividade  de convivencia con xogos e baile, co alumnado de 6º de primaria do CEIP Quiroga Palacios.

        

                    Podedes ver o video na Aula Virtual

“Agasallo activo”

-         

Proposta de nadal “Agasallo activo”, este ano pide un agasallo para manter o teu corpo activo.

                          

Actividade loita

Actividade deportiva de promoción de loita olímpica levada a cabo pola Federación Galega de Loita para 3º, 4º, 5º e º6 de primaria.

                              

Xogade: Campo a través

Actividade deportiva xogade de Campo a través, fase comarcal Santiago (O Pino).

Un total de 166 nenos de nenas de 2º a 6º de primaria desfrutaron no cros nas categorías benxamín, alevín e infantil acadando pódium individual e por equipos en dúas categorías.

                                                                   

Corre, salta, baila, móvete!

 

Corre, salta, baila, móvete!No Día contra a obesidade infantil e os outros días tamén. 

Actividade de sensibilización e prevención do aumento de peso debido a inactividade e/ou hábitos nutricionais pouco ou nada saudables, recoñecendo a importancia de ter unha vida activa.

                    

                                                                Podedes ver o video na Aula Virtual

Magosto

A conmemoración do magosto planificouse arredor da actividade física coa organización de xogos populares e dos hábitos alimenticios saudables coa tradicional desgustación de castañas asadas.

 

                      

                           Podedes ver o video  de cociña sá e divertida na Aula Virtual

Horto escolar

 

O horto escolar é un recurso didáctico que axuda a reforzar actitudes positivas cara ao medioambiente e unha alimentación máis saudable.

Alumnado voluntario realizou tarefas de limpeza, preparación da terra para sementar verduras de outono-inverno (repolo, brécol, coliflor, porros, cabazas…) e mantemento.

Recreos activos

O alumnado de primaria dispón de diverso material no tempo de recreo.

Tamén hai un grupo de voluntarios e voluntarias de 6º que axudan a descubrir  as posibilidades do material e coñecer-practicar novos xogos, primeiro preguntas nas clases polos seus intereses e despois axudan no patio.

                                                

                

Merendas saudables

Elaboración dun calendario de merendas para Educación Infantil e desenvolvemento do froitómetro para Educación Primaria.

Dende o cole podemos fomentar o consumo de froitas nas merendas do recreo ( A OMS recomenda 5 racións de froitas e verduras ao día) e  para para lograr este obxectivo o “froitómetro” é unha ferramenta excelente. Ao utilizar este recurso visual nenos e nenas motívanse e van aumentando  o seu consumo de froitas.

Premianse os puntos acadados con minutos de actividade física-xogo libre.

 

ROXOS EDUSAÚDE

                                        

   Considérase oportuno e necesario contar coa opinión, proposición e colaboración do alumnado na “construción” do proxecto xa que é a quen vai dirixido, polo que elíxense representantes de cada grupo-clase de primaria (delegada e delegado), que trimestralmente reúnense coa coordinadora para valorar a proposta de actividades a desenvolver.

Distribuir contido


by Dr. Radut