Skip to Content

blogue deEquipo Directivo

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Listado de libros de texto para o curso 2024/2025.

        LISTADO

A listaxe de material  escolar entregarase no mes de setembro.

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2024/2025

O prazo de matrícula irá do día 20 ao 30 de xuño.

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla sanitaria da alumna ou alumno.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

O luns, día 20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo de solicitude abrangue do día 21/5/2024 ao 21/6/2024, incluídos.

No seguinte enlace tedes toda a información relativa a esta convocatoria.

INFORMACIÓN FONDO LIBROS CURSO 2024/2025

ANEXO I

ANEXO II

(lembrar que o anexo II e anexo II (continuación) son dúas táboas independentes e deben ser cubertas as dúas).

 

Axudas concello: Bolsas comedor, adquisición material e actividades extraescolares curso 2024/2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Data publicación: 20/05/2024

Direccións relacionadas

Campamentos deportivos verán 2024 Deputación

Nos seguintes enlace pódes acceder á información relativa ao campamento de verán organizado pola Deputación da Coruña para alumnado de 9 a 14 anos.

Campamento Verán ANPA Roxos

No seguinte enlace pódese acceder á información sobre o campamento de verán que organiza a ANPA no CEIP de Roxos.

Programa Observa-Acción

O xoves, 4 de abril recibimos no noso centro ao profesorado do CEIP A Xunqueira II de Pontevedra. Centro que está emparellado co CEIP de Roxos no Programa Observa-Acción co que compartimos e reflexionamos sobre a vida nos nosos centros.

 

                

Listaxe de admitidos proceso de admisión curso 2024/2025

Todo o alumnado que presentou solicitude, para o noso centro, en período ordinario nos grupos que tiñamos vacantes, está ADMITIDO. (Poden consultar as listaxes no taboleiro interior do centro, ou telemáticamente na aplicación Admisionalumnado coa chave 365).

Lembrar que entre o 20 e o 30 de xuño deberase formalizar a matrícula. No mes de xuño será publicada a información relativa a este proceso (nesta páxina).

Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro.

Avaliación de diagnóstico

Vacantes CEIP de Roxos curso 2024/2025

Nivel

Vacantes

Reserva (*)

Totais

Solicitudes presentadas

4º EI 

20

3

20

 16

5º EI

12

 

12

 

6º EI 

2

 

2

 

1º EP

6

4

6

 2

2º EP

3

 

3

 

3º EP

12

 

12

 1

4º EP

0

 

0

 1

5º EP

0

 

0

 

6º EP

4

 

4

 

TOTAL

60

7

60

 

(*) Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

Cada semana irase actualizando o número de solicitudes presentadas

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut