Skip to Content

Blogues

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Listado de libros de texto para o curso 2024/2025.

        LISTADO

A listaxe de material  escolar entregarase no mes de setembro.

Camiño de Santiago

Os grupos de 5º e 6º de primaria realizaron unha actividade se sendeirismo polo Camiño de Santiago.

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2024/2025

O prazo de matrícula irá do día 20 ao 30 de xuño.

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla sanitaria da alumna ou alumno.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.

Actividade física en familia

Inspirándonos en Lloyd Martín que participou na Maratón de Londres ca súa nai e foi a persoa con síndrome de Down más xoven en finalizala, contamos as actividades físicas que facemos coa nosa familia neste mural.

 

Actividade de sensibilización e promoción dunha vida activa

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

O luns, día 20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo de solicitude abrangue do día 21/5/2024 ao 21/6/2024, incluídos.

No seguinte enlace tedes toda a información relativa a esta convocatoria.

INFORMACIÓN FONDO LIBROS CURSO 2024/2025

ANEXO I

ANEXO II

(lembrar que o anexo II e anexo II (continuación) son dúas táboas independentes e deben ser cubertas as dúas).

 

Axudas concello: Bolsas comedor, adquisición material e actividades extraescolares curso 2024/2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Data publicación: 20/05/2024

Direccións relacionadas

Campamentos deportivos verán 2024 Deputación

Nos seguintes enlace pódes acceder á información relativa ao campamento de verán organizado pola Deputación da Coruña para alumnado de 9 a 14 anos.

Campamento Verán ANPA Roxos

No seguinte enlace pódese acceder á información sobre o campamento de verán que organiza a ANPA no CEIP de Roxos.

Atletismo nas pistas da USC

Os grupos de 5º de primaria realizaron unha actividade deportiva de iniciación ao atletismo nas pistas da USC, da man do Club de Atletismo O Pino, onde prácticamos carreira, lanzamentos e saltos de altura e lonxitude.

Podedes ver o video na Aula Virtual

Xogade Campo a través Porto do Son

Participación na fase provincial da actividade deportiva escolar Xogade de campo a través en Porto do Son, con nove atletas das categorías benxamín, alevín e infantil.

Desfrutando da carreira!

                               

Podedes ver o video na Aula Virtual

Distribuir contido


by Dr. Radut