CONSERVACIÓN DOS RÍOS

O pasado día 16 de novembro, pola tarde, todo o alumnado de E.Primaria do colexio, asistiu na sala de informática a unha charla ofertada pola Consellería de Educación,Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


O tema principal foi :  a Conservación dos Ríos, e máis concretamente a do río Cabe e os seus afluentes.



Sesión moi amena e participativa na que todos e todas puidemos aprender  un pouco máis acerca da flora e fauna do nosos ríos e a súa conservación. Para rematar... agasallos para tod@s.                      


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.  

MAGOSTO 2012

O pasado venres día 09 de novembro, fixemos no colexio a festa do MAGOSTO.


Ós nenos e nenas de 5º, tocoulles preparar o lume para asar as castañas e logo todos puideron disfrutar dos xogos que preparou a profe Verónica.


Pasamos unha tarde estupenda , e ademais tivemos que non sorte, que non choveu...       


 


 


        


Para ver as fotos do MAGOSTO, picade aquí.

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BÓVEDA

O pasado luns día 05 de novembro todos os nen@s de E.Primaria do cole, visitaron unha EXPOSICIÓN DE COGOMELOS no Centro Sociocultural de Bóveda, invitados pola Asosiación Horticelos, que foi a organizadora do evento.


O noso agradecemento para Carlos e  Ángeles, membros desta asociación polo seu interese e as súas explicacións.


                                  


Para ver as fotos, picade aquí.    

SAMAÍN 2012

Este ano, para celebrar o SAMAÍN no colexio,ademais do concurso de cabazas que xa vén sendo habitual por estas datas, todos os nenos e nenas do cole participaron o pasado mércores día 31 de outubro,nunha actividade na Biblioteca do centro. Dende os máis cativos ata os maiores todos aportaron os seus Contos de Medo.


Tarde terrorífica no Rosalía de Castro.                         


                              


Para ver as fotos, picade aquí.


No recibidor do centro temos unha exposición artesanal feita polos alumnos do 2º e 3º ciclo e coordinada pola mestra de E.Plástica Nati a base de froitos do outono.


                   Uns verdadeiros artistas ¡¡¡               


Para ver estas fotos, picade aquí.

MENÚ NOVEMBRO

Para ver o menú do mes de novembro, picade aquí.            

CONCURSO DE CABAZAS

Os gañadores do CONCURSO DE CABAZAS do curso escolar 2012-2013 foron os seguintes :


E.Infantil  : Leire


1º Ciclo : Lucía


2º Ciclo :  compartido polos irmáns Gisela e Ibrahim


3º Ciclo : Ana


                                      


 


                                                                                   NORABOA ÓS CINCO ¡

VISITA Á RIBEIRA SACRA

O pasado día 08 de outubro, todos os alumn@s e profes do cole, fixemos unha excursión ó concello de Sober.


 Pola mañá, viaxamos no Tren Ribeira Sacra para coñecer un pouco máis acerca da viticultura heroica . Para ver as fotos, pica aquí.     


                                                                                 


Tamén visitamos a bodega Regina Viarum na que nos explicaron o proceso de elaboración do viño e máis tarde xantamos no cenador de A Cantina. Para ver as fotos, pica aquí.            


  Xa pola tarde,fixemos parada na parroquia de Marcelle, no concello de Monforte, para visitar a Base dos Helicópteros que a Xunta de Galicia ten no Marroxo. Para ver as fotos,picade aquí.


                                                


Unha divertida e moi interesante saída na que tod@s , alumnos e profes ,desfrutamos moito.

EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA

O pasado mércores día 26 de setembro, os alumnos do colexio asistiron a unha exposición sobre


BIODIVERSIDADE invitados polo Concello de Bóveda a través da CASA DA CULTURA.


                                                       


Para ver as fotos desta visita dos alumnos de 2º e 3º ciclos , picade aquí.           


Para ver as fotos desta visita dos alumnos de E.Infantil e 1º ciclo, picade aquí.

COMEZOU O CURSO 2012/2013

O pasado día 12 de setembro comezou o novo curso escolar. Moitas caras novas neste primeiro día...


Todos os nenos e nenas do colexio participaron nunha sesión de pintura no chan no patio do colexio. Para ver as fotos, pica aquí.


 


                            BENVIDOS E BENVIDAS ¡         

MENÚ OUTUBRO

Para ver o menú do mes de outubro, pica aqui. 

Distribuir contido