Descubre esta motivadora técnica de aprendizaxe, que traslada a mecánica do xogo ao proceso educativo para aprender de forma lúdica. O xogo pode ser unha potente ferramenta para o desenvolvemento de:

- Funcións executivas (memoria de traballo, planificación e organización, concentración, perseverancia, metacognición, control emocional, flexibilidade cognitiva...)

- Habilidades cognitivas (atención, memoria, linguaxe, razoamento lóxico, razoamento espacial, pensamento creativo, velocidade de pensamento, toma de decisións...)

- Habilidades sociais (respecto de normas, traballo en equipo, escoita activa, cooperación, resolución de conflitos...)

- Habilidades emocionais (autoconfianza, autoavaliación, tolerancia, frustración, empatía, aprender a gañar/perder...).

Entón, por que non aprender xogando?

 "Emociónate!" é un curso destinado ao desenvolvemento da Competencia Emocional no alumnado dos distintos niveis. Como sinala Roser Colomé "sen emoción non hai aprendizaxe", así pois, traballar a educación emocional dende a infancia permitirá ao alumnado acadar o benestar mental necesario para lograr o pleno desenvolvemento persoal e afrontar a vida con optimismo, curiosidade e felicidade. Nesta liña, a neuroeducación afirma que unha boa educación emocional evita moitos trastornos da aprendizaxe que levan ao fracaso escolar.  Con todo, a través deste curso preténdese achegar ao profesorado recursos e estratexias que faciliten o desenvolvemento da competencia emocional nos seus alumnos e alumnas.