Lingua inquieta é un curso destinado ó traballo das dificultades da articulación que presenta o alumnado dos diferentes niveis.

Ó longo deste atoparanse actividades e recursos enfocados á práctica da relaxación da musculatura corporal e orofacial, da respiración costodiafragmática, da mobilidade dos órganos buco-linguo-faciais, da articulación de diferentes fonemas e da xeneralización da pronunciación.