Skip to Content

II CARREIRA SOLIDARIA

Estimadas familias: Este curso decidimos adiantar a nosa segunda carreira solidaria debido á necesidade social actual: as persoas afectadas polo volcán de La Palma.

Datas: do 2 ao 9 de novembro.

Participantes: alumnado do centro e todas as persoas que queiran. O alumnado participará en horario de mañá e o resto de participantes en horario de tarde.

Podedes recoller o voso dorsal da carreira na secretaría do CEIP Reibón en horario escolar ou martes de 4 a 6, aportando 2 € como donativo.

Na pista de atletismo do Concello, fronte ao cole, podedes percorrer as voltas que queirades. Se decidides ir o día 2 de novembro en horario de 5 a 7 , podedes mercar o dorsal na propia pista e alí estaremos para animarvos.

Facede algunha foto da vosa participación e enviala xunto co número de voltas percorrido a: carreirasolidariareibon@gmail.com 

"CORRE TI E CORRE A VOZ!" Vídeo promocional da carreira e máis info no facebook do cole

RELATOS EN GALEGO

O alumnao de 5º de primaria participou nun obradoiro de expresión escrita promovido polo Equipo de Normalización Lingüística. Ademais aproveitaron para grabar os textos e ilustralos co croma.

 

      

I CARREIRA SOLIDARIA

Estamos moi contentos e contentas por anunciar que dende o 24 de Maio ata o 3 de Xuño terá lugar, coas medidas pertinentes, a I carreira solidaria dirixida ao alumnado e profesorado do noso cole.

Cos cartos recaudados faremos unha doazón a unha das asociacións que están a prestar a súa axuda as persoas que máis o precisan nestes momentos en Moaña por mor das consecuerncias da Covid-19.

 

 

 

Aquí tendes un vídeo no que se explica en qué consiste e os numerosos beneficios que ten.

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Co gallo da celebración do dia das letras galegas, decoramos uns paraugas cos versos de Xela Arias.

 

 

E neste vídeo Nora deleitanos coa súa voz de mezzosoprano o himno de Galiza.

 

 

RECOMENDACIÓNS DO DÍA DO LIBRO

Dende diferentes cursos, queremos compartir algunhas recomendacións literarias polo Día do Libro, esperamos que vos gusten!

5 ANOS                                      2ºA                                          2ºB

          

 

5ºA                                           5ºB                                          5ºC

          

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Como sabedes está aberto o prazo de admisión de alumnado do 1 ao 22 de Marzo. A continuación tedes información sobre as instalacións e algunhas das actividades que facemos no noso cole cando estamos no ciclo de Educación Infantil. Esperamos que sexa do voso interese!

MENÚ ORIENTATIVO DO MES DE XANEIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut